O XOVES 3 DE XUÑO O RC DEPORTIVO CITADO PARA COÑECER MÁIS DETALLES DA NOVA 1ª RFEF.

 

A RFEF convocou aos clubes que formarán a nova 1ª RFEF, para a que falla saber 3 dos equipos que a completarán e que xa se saberán esta vindeira fin de semana.

Antre os clubes convocados está o RC Deportivo. Nesta xuntanza antre outras cousas  os clubes serán informados de :

-Operador de TV que retrasmitirá os encontros e dereitos de Televisión por clube.

-Límite de Sub23

-Datas do campionato

-Posible Sponsor das ligas

-Composición dos grupos e fórmula para elixir os equipos que os formarán

-Confirmar  aval de 200.000€ para participar, e a axuda de 50.000€ para gastos de desprazamento.

Estes son algúns dos temas que trascenderon e dos que se falará na xuntanza.

Lembrar que serán 2 grupos de 20 equipos cada un e nos que subirán a 2ª División de maneira direta os dous campións. os outros dous ascensos sairán duns Play-Off antre os seguuintes 4 clasificados de cada grupo.

-Información : RFEF/piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies