O xogador do Depor, Dani Barcia, pásase por Muxía a disfrutar de todo o que ofrece o pobo cultural, paisaxisticamente e gastronomicamente.

O xove central do Depor, Dani Barcia, (O Temple-Cambre 19/01/2003), pasouse esta fin de semana por Muxía nesta época xa de lecer para toda a plantilla ata o 6 de xullo que comezará a pretempada cos pertinentes controis médicos.

Tras visitar sitios de interés no pobo e tomarse as cañas polas terrazas do pobo que desde que abreu en Marzo o Parador e co aumento de peregrinos do Camiño e da Vía Mariana así como a afluencia de iates no porto deportivo, vive un continuo pre-verán.

O cambrés pasouse polo local de restauración do noso peñista, cliente e colaborados Álvaro Rodríguez, e fixo a foto de rigor cos clientes famosos que pasan polo “A Lonxa d´Álvaro”, ca camiseta do CF Muxía, do que foi presidente e xogador, e ofreceulle “un posto no CF Muxía cando queira”.

Barcia degustou no local de Álvaro as delicatessen do noso mar, coma un bo arroz ou un San Martiño a brasa, e amosuse moi contento de voltar a Muxía a onde había moito tempo que non viña e tamén impresionado do troco que deu o pobo tanto no urbanístico coma na hostalaría. Dani estivo acompañado do seu pai que si é un asiduo a Muxía.

.

-Foto : Álvaro Rodríguez

-Texto : Xosé Búa “Pirata”