O XOGADOR DO BERGANTIÑOS CF. CARLOS LÓPEZ TEN FRACTURA DE CLAVÍCULA DESPRAZADA SEGUNDO O PARTE MÉDICO DO CLUBE..

Carlos López no derbi contra o Paiosaco da 1ª fase.

 

Segundo nos informan dende o Bergantiños CF :

“A valoración médica e as probas realizadas este día mostraron que o xogador do
primeiro equipo Carlos López sofre unha fractura desprazada de clavícula.
Carlos López será operado na tarde deste mércores, 14 de abril, no Hospital Quirón
Salud de A Coruña e o tempo de recuperación de dita lesión estímase entre os dous e os
tres meses, dependendo da evolución.

O xogador natural de Ares foi titular no partido disputado este pasado domingo ante o
Arosa no Campo de A Lomba ata que no minuto 66 tivo que ser substituído debido á
lesión sufrida logo dun choque fortuíto cun xogador do Arosa.

Agradecemos en nome do clube e do noso xogador todas as mostras de ánimo e agarimo
recibidas, e en especial do Arosa SC e do seu xogador Kilian Villaverde”.

O noso maior desexo dunha pronta, e satisfactoria recuperación para o xogador do clube bergantiñán. Que máis pronto ca tarde o vexamos competindo cos seus compañeiros e que sexa na 2ª RFEF.

 

-Foto : DXT Campeón

-Texto : piratasdemuxia/Bergantiños CF