O xogador costeiro Brais Blanco concentrado coa Selección Galega sub23 de Tenis de Mesa.

 

Este martes 30 de marzo, Brais Blanco do AD Zas, estará concentrado co resto de seleccionados galegos sub23 nun entreno que terá lugar nas instalacións de Monte Porreiro en Pontevedra. O seleccionador galego Miguel Rey convocou a varios xogadores sub23 e xuvenis tendo en conta os resultados do último preestatal celebrado en Zas e tamén os resultados que cada xogador acada nas ligas. Recordamos que Brais está de reserva para participar no estatal (se é que se organiza). Tamén están de reservas nesta convocatoria Raúl López do AD Zas, na categoría xuvenil, e Ana García (sub 23) do Vimianzo TM, tendo que confirmar a súa asistencia ao seleccionador para que todas as prazas sexan cubertas. Estes entrenos son con vistas a preparar as distintas seleccións galegas de cara a compromisos interterritiorias co resto de seleccións autonómicas  e de intercambio con Portugal. O mércores 31 será o turno de futuros talentos cunha concentración en Sigüeiro, Oroso, e a el acudirán Adriano Pérez e Guillermo Santos do AD Zas de 9 e 8 anos respectivamente.
Por outra parte continuan as competicións ligueiras con un balance bastante positivo para os equipos da comarca. así o AD Zas Ponciano NIeto ocupa de momento postos altos na táboa e que lle posibilitarán un ascenso a segunda nacional, o VTM Pinturas Figueiras está tamén nunha posición moi favorable para ascender a terceira nacional e o AD Zas Bazar Baio ten moitas posibilidade sde manter a categoría de primeira galega. Quedan dúas xornadas moi favorables para os equipos costeiros.
-Foto e Texto : Stevo Zas