O Xallas proclámase campión da “VI Copa da Costa Feminina” cun contundente trunfo sobre o Cee.

Xallas FC 4-0 UC Cee

O Xallas FC conquistou este domingo a “VI Copa da Costa Feminina” despois de superar con claridade ao UC Cee por 4-0 nunha final disputada no Municipal da Fontenla, en Santa Comba, que rexistrou un ambiente espectacular cun cheo absoluto nas bancadas.

O conxunto xallense chegaba á gran cita coa condición de favorito e confirmou os pronósticos desde os primeiros compases. Ademáis de xogar diante da súa afección, que era maioría, o equipo de Santa Comba amosou unha gran eficacia ofensiva para deixar o encontro moi encarrilado antes da media hora.

Noelia García abriu o marcador no minuto 11 e apenas cinco minutos máis tarde Olalla Antelo ampliou a vantaxe. O Cee tentou reaccionar, pero o Xallas mantivo o control do partido e atopou o terceiro tanto no minuto 27, obra de Claudia Espasandín. Xa na segunda metade, a propia Espasandín volveu ver porta nada máis comezar o segundo tempo para establecer o definitivo 4-0 e sentenciar a final. O UC Cee loitou ata o final con moito orgullo alentadas pola sua afección que non parou tampouco a pesares do resultado.

Co asubío final chegou a celebración das locais, que levantaron o trofeo de campioas da man da súa capitá. A copa foi entregada polo presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, presente nunha final que volveu demostrar a excelente saúde do fútbol feminino na Costa da Morte.

As xalleiras celebraron o trunfo ca imaxe de Santa Colomba patrona da vila, a que vestiron ca camiseta ca que xogaron a final.

A visión dos adestradores :

Eloy García :Tiñamos moi claro o plan de partido, cunha presión moi alta para roubar balón en campo contrario e cunha presión tras perda moi intensa, que nos causou moito desgaste na primeira parte, pero que xurdiu efecto, xa que elas non eran capaces de enlazar varios pases seguidos. Fómonos cun resultado amplo ao descanso.

No segundo tempo foínos imposible, polo esgotamento das rapazas, manter o ritmo de partido que imprimimos no primeiro tempo e elas puidéronse soltar algo máis, aínda así sen xerar ningún perigo. Nós tivemos algunha ocasión máis para aumentar a renda”.

Rafa Suárez, (adestrador do UC Cee) :Saímos moi nerviosas ao partido, o que nos condicionou bastante. Contabamos con que, pasados uns minutos, os nervios desaparecesen, pero tivemos a mala sorte de encaixar un gol temperán do Xallas nunha xogada un pouco desafortunada.

Conscientes de que iamos sufrir moito dada a intensidade coa que xogan e a presión alta que fan, a idea era superar os nervios iniciais e que, co paso dos minutos, se igualasen un pouco as forzas para, na segunda parte, tratar de levarnos a final. Pero xa se lle puxo todo moi de cara ao Xallas moi pronto, e o gol deulles ás, todo o contrario ca a nós.

Felicitalas polo seu gran partido, no que foron xustas vencedoras, pois, sobre todo na primeira media hora, foron moi superiores”.

Ficha técnica

Xallas FC : Rosío Pérez, Carla Landeira, Graciela Arcos, Ainhoa Rodríguez, Paula Barcia, María Rial, Olalla Antelo, Sara Vázquez, Noelia García, Claudia Espasandín e Daniela Berdullas. Tamén xogaron : Silvia Rodríguez, Soraya Lago, Isabela Bravo, Claudia Facal, Yaiza Domínguez, Valeria Iglesias e Valeria Gasco.

Adestrador : Eloy García

UC Cee : Noemí Romero, Lucía Rodríguez, Cristina Sanvicente, Lucía Ramos, Paula Veiga, Saray Duarte, Nayara Casais, Sharay Camaño, Laura Blanco, Sabela Abel e Aroa Lestón. Tamén participaron : Valeria Senande, Lucía Camaño, Thalía Leis, Lucía Martínez, Carolina Louro, Gala Ares e Aroa Miranda.

Adestrador : Rafa Suárez

Goles: 1-0, Noelia García (11’); 2-0, Olalla Antelo (16’); 3-0, Claudia Espasandín (27’); 4-0, Claudia Espasandín (46’).

Árbitra: María Pérez.
Asistentes: Xiana Barreiro e Saray Constantino.

Estadio: Municipal da Fontenla (Santa Comba). Cheo absoluto.

“A nosa máis cordial noraboa a tódalas/os que forman o Xallas FC pola consecución da Copa e da mesma maneira a nosa noraboa e tódolos ánimos do mundo a tódalas/os que forman o UC Cee, xa que para perder unha final hai que chegar a ela e chegaron con tódolos méritos e na final só pode haber unhas campioas”.

.

-Foto praza : Eloy García

-Fotos equipos : RFGF

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”