Na tarde deste sábado 18 de outubro xogábanse dous encontros no fútbol senior da costa, un deles na Liga da costa e o outro na 3ª da costa. No primeiro enfrontábanse o Xallas FC e o SD San Lorenzo, dous equipos de nivel chamados a loitar polo ascenso a Primeira Futgal. A vitoria foi para os de Bruno Prego por 4-0 o que deixa aos xalleiros líderes en solitario a espera do que faga mañán o Malpica.
O outro encontro da xornada sabatina, tal e como xa vos informamos na nosa “AXENDA PIRATA”, era o que enfrontaba ao Sporting Seaia CF e ao SD Camelle, choque que chegou a ir gañando o equipo da parroquia malpicana por 3-0 e que se lle complicou para acabar 3-2.
LIGA DA COSTA
6ª Xornada
Xallas FC 4-0 SD San Lorenzo
Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido que empezamos en la primera parte, sobre todo los primeros 15 minutos con mucha imprecisiones a la hora de dar el pase y donde el San Lorenzo en ese tramo fue superior a partir de ahí hicimos unos ajustes y nuestro juego directo empezó a hacer daño a la defensa del San Lorenzo yendo al descanso 1-0.
En la segunda parte hicimos un muy buen trabajo tanto ofensivo como defensivo sobre todo defensivo y aprovechamos muy bien las contras dando lugar al resultado reflejado en el marcador. Ha sido un partido sumamente difícil, dado que el rival es muy competitivo y cortaba muy bien el juego cuando cuando no tenía la posesión, pero como dije anteriormente estuvimos francamente bien en defensa y aprovechando muy bien las oportunidades que tuvimos en el ataque”.
Iván Rojo, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Nos primeiros 20 minutos viuse un San Lorenzo que entrou mellor o partido pero a partir de ahí o Xallas con xogo directo a espalda do San Lorenzo fixose co partido e non conseguimos volver a enchufarnos no partido. Xusta derrota e demasiado abultada ante un combativo Xallas”.
Goles : 1-0, Bryan, (21´de penalti); 2-0, Bryan, (55´); 3-0, Rubén Sande, (65´); 4-0, Rubén Sande, (89´).
Domingo 19/10/2025
Xallas FC 4-0 SD San Lorenzo
SD Sofán “B” – CD Baio, (12:15)
Outes FC – UD Monte Louro, (16:30)
UD Corcubión – SCD Malpica, (17:00)
CF Corme – CF Porteño, (17:00)
CD Muros – Ponteceso SD, (17:00)
Soneira SD – CF Mazaricos, (18:00)
Sporting Zas – Cabana SD, (18:30)
3ª DA COSTA
6ª Xornada
Sporting Seaia CF 3-2 SD Camelle
O Sporting Seaia CF sumou tres puntos importantes no Pedra Queimada tras impoñerse por 3-2 á SD Camelle nun encontro trepidante correspondente á 6ª xornada da 3ª Autonómica da Costa.
O conxunto malpicán fixo valer o seu dominio durante boa parte do partido, marchando no marcador cun claro 3-0 grazas aos tantos de Alejandro Mato (38’), Alejandro García (55’) e Manuel Castro (61’). Semellaba todo decidido, pero o Camelle non baixou os brazos e puxo emoción ao tramo final.
Un infortunado autogol do propio Alejandro Mato no minuto 80 e o tanto de Lucas Caamaño no desconto (90’) deron vida aos visitantes, que rozaron a remontada nos últimos instantes. A pesar da reacción camellana, o Seaia soubo resistir e celebrar a segunda vitoria do curso.
Goles : 1-0, Alejandro Mato, (38´); 2-0, Alejandro García, (55´); 3-0, Manuel Castro, (61´); 3-1, Alejandro Mato en propia meta, (80´); 3-2, Lucas Caamaño, (90´).
Domingo 19/10/2025
Sporting Seaia CF 3-2 SD Camelle
CF Lira – Volantes de Baño FC, (17:00)
CF Muxía “B”– Inter de Brens, (13:00)
UC Cee – CD Baiñas, (16:00)
UD Cerqueda – SD Oza, (18:45)
SD Coristanco – SD Laxe, (17:00)
CD Nantón – SCD Buño, (17:00)
Descansa: Atlético Pereiriña FC
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”