O Xallas Feminino remata a liga cunha importante vitoria para preparar a final da Copa da Costa do vindeiro Domingo”.

1ª GALEGA FEMININA G1

30ª Xornada, (Derradeira)

Domingo 31/05/2026

Xallas FC 2-1 Orsáz SD “B”

Clasificación Final : PREME AQUÍ

.

Xallas FC 2-1 Orzán SD “B”

Eloy García, (Adestrador do Xallas) :

“Final de tempada e partido que servía para decidir quen quedaba por diante. O Orzán presentaba un equipo xoven e ambicioso que saia con ganas de demostrar o potencial da súa plantilla. Os vinte primeiros minutos de partido inclinábase po lado visitante ata que no minuto 20 Oli conseguía rematar un balón en área pequena que facía o 1-0 e daba algo de tranquilidad.

O ritmo do Orzán non viña a menos e no minuto 35 farían o empate tras roubarnos as espaldas. Co 1a1 chegaríamos o descanso e desta vez gozando de máis cambios cas rivais comezaríamos a utilizalos e sería Claudia Facal a revulsiva que sairía o campo na segunda parte, aportando cos seus 16 anos toda esa experiencia que leva acumulada dende benxamin, orgullo da canteira entre outras, que roubaría un balón a súa defensa e marcaría o 2a1 no minuto 70 que daría a victoria.

Manexando o partido e con cambios que nos daban folgos tíñamos todo a favor, pero viría o xusto a pouco do final, nun pase que damos atrás as xodadoras do Orzan interceptano e en maioria encaran a Ro a cal queda vencida e con tiro libre a portería daría chegado Sara que por 2 veces consegue deter o esférico. Final 2-1, ledicia na Fontela, soriso nas xogadoras e unha semán para a final da Copa.

Mérito de todas as rapazas que comprometidas co equipo semán tras semán loitaron por deixar ao Xallas sempre ben visto, loitadoras que teñen moito que decir e que nestes 5 anos de existencia celebran unha permanencia nun bo posto 11 que po ano será o reto a mellorar.”

Goles : 1-0, Olalla, (20´); 1-1, Daniela, (35´); 2-1, Claudia, (70´).

Proximos compromisos

O vindeiro Domingo 7 de xuño de 2026 as rapazas xalleiras xogará´n no “A Fontenla”, (Santa Comba), no que é o seu feutdo, a finalísima da Copa da Costa a partires das 18:00 horas e terán de rival o UC Cee.

.

-Foto e comentario : Eloy García

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”