Tal e como vos apuntamos na AXENDA PIRATA de todo o fútbol senior masculino e feminino da costa, así coma dos veteranos, tan só había un encontro que se xogaba en sábado, era o Xallas FC Feminino-Cultural Maniños, (1-0), da 2ª División Galega Feminina G1, na que temos ademáis do equipo xalleiro ao CF Dumbría e ao UC Cee, que como xogaban na xornada dominical os seus encontros foron suspendidos ante as previsións da Cicloxénese explosiva, “Herminia”, que tal e como se esperaba trouxo moita chuvia, fortes ventos e no mar “vaga de mar” con olas de ata 10 metros, e continuará durante toda a noite e nos vindeiros días, pero xa afectando máis a costa.
Xallas FC 1-0 Cultural Maniños
Eloy García, (Adestrador do Xallas FC) : “Volvíamos a xogar no noso feudo despois de un mes sen pisalo, saimos moi metidas e sabendo o que nos xogábamos. Aos 15 minutos temos que facer o cambio de Ote por Laura, xa que viña dun proceso vírico e intentou xogar pero non puido.
Estivemos algo espesas no xogo, con pouca claridade, ainda asi dominamos con ocasións de Sonia, a nosa dianteira que hoxe estreaba titularidade, que tivo un remate dentro da área pequena que a porteira rival tapou moi ben. Oli, Noe ou Espasandín tamén tiveron algún tiro lonxano. O gol chegaría nunha gran xogada de Barcia, que volveu repetir o pase da morte para que Sonia empuxara a pracer.
Na segunda parte intentamos subir algo máis o ritmo, pero ainda así faltábanos claridade para poder filtrar algun balón por dentro. Tivemos un par de ocasións por medio de Barcia, nas que a porteira estivo moi acertada, e un par de centros que sacou a nosa extremo pero que non houbo remate.
Gran partido de todo o equipo e unha nova portería a cero. Queremos facer unha meción especial a xogadora da Cultural Maniños que se lesionou de gravidade nun nocello, desexámosche unha pronta recuperación e moito ánimo”.
Xallas FC : Rosio, Carla, Sonia, Paula, María Rial, Olalla, Claudia, Sara, Noelia, Espasandín, e Andrea. Tamén xogaron : Marta, Valeria, Laura e Yaiza. Adestrador : Eloy García.
Cultural Maniños : Lara Fontr, Cristina, Lara Míguez, Laura, Lucía Seoane, Olaia, Lara López, Sofía Paz, Nora, Hortensia e Lucía Calvo. Tamén xogaron : Antía, Manuela, Lucía Magariños, Andrea e Noelia. Adestradora : Noelia Leiras.
Gol : 1-0, Sonia, (27´).
Árbitro : Tomás Garrido. Amonestou polo Xallas a Sonia e pola Cultural Maniños a Lucía Calvo e Nora.
CLASIFICACIÓN
Con este trunfo o Xallas queda lider con 44 puntos 2 máis co SCD Pastoriza, pero con un encontro máis.
-Foto e comentario : Eloy García
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
