O Xallas feminino visitaba este pasado venres ao Orillamar no encontro suspendido da 10ª xornada por unha folga de conserxes nas intslacións da Torre herculinas. Desta volta xogouse o encontro tal e como xa vos informamos na nosa AXENDA PIRATA, e os campos “Arsenio Iglesias” si estiveron abertos. As xalleiras golearon e na tarde de hoxe, 17:00 horas recibirán o Carral na “Fontenla” na disputa da 13ª xornada da 2ª Galega Feminina G1 na que comparte competición co Dumbría e Cee.
Orillamas SD 1-6 Xallas FC
Eloy García, (Adestrador do Xallas FC Feminino) : “Primeiro partido deste finde semana, vistiamos ao Orillamar, partido que tiñamos aprazado pola folga de conserxes. Saimos intensas dende o comezo, chegando o primeiro golo no segundo 18 de partido tras un roubo alto de balón de Espasandin, que fai unha parede con Olalla e bate cancerbeira cun remate equinado dende dentro do área. O segundo chegaría tras un tiro de Carlar dende a frontal da area, que e rexeitado e Olalla de volea coa súa perna meno hábil manda no balón as redes.
O terceiro chegaría dun tiro dende fora da área de Noe. O Orillamar ten un penalti npara recurtar distancias, pero a nosa meta Rosio, fai un paradón, adiviñando o lado do lanzamento. O 4 chegaria de pena Máxima cometida sobre Cali, que transformaría A zurda vimiancesa sen contemplacións, forte e esquinado. Con 0-4 chegariamos ao descanso.
Na segunda parte o partido rompese un pouco, e perdemos algo o control do xogo, pero aumentamos discancias por medio da nosa dianteira Cali, cunha fermosa volea dende cerca do borde da aérea tras un pase de Barcia. Rosío interven nun par de de ocasions, con boas paradas e o resto de cometidas estarían destruidas por unha defensa comandada por unha gran Mery.
O sexto chegaria tras un pase milimétrico de Espasandin entre central e lateral, que a nosa lateral Facal convertiria nun autentico golazo , dende case liña de fondo, con moi pouco ángulo, sorpendena porteira. No derradeiro minuto encaixarimos gol nun libre directo, no que a nosa meta chega a rozar o balón. Gran partido das nosas. + 3 e a pensar en Domingo”.
Goles : 0-1, Claudia, (1´); 0-2, Olalla, (15´); 0-3, Noe, (25´); 0-4, Noe, (35´de penalti); 0-5, Aintzae, (67´); 0-6, Claudia, (75´); 1-6, María Orro, (90´).
2ª GALEGA FEMININA G1
-13ª Xornada-
-08/12/2024-
CF Dumbría–SD Tordoia, ás 18:30 horas
Orillamar SD-UDJ Almeiras, ás 10:30 horas
Silva SD–CD Lugo B, ás 16:15 horas
PM Friol B-Sporting Meicende, ás 16:15 horas
Orzán SD B-SCD Pastoriza, ás 16:30 horas
Cultural Maniños-Sporting Burgo, ás 16:15 horas
Brexo Lema-UC Cee, ás 18:30 horas
Xallas FC–UD Carral, ás 17:00 horas
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Manifestacións : Eloy García