1ª GALEGA FEMININA
13ª Xornada
Xallas FC 0-2 Lóstrego CF “B”
Adrián García (adestrador do Xallas FC):
“Primeiro partido do ano no noso feudo, pero non demos cambiado a dinámica negativa que atravesamos en liga, visitábanos as terceiras clasificadas, o partido estivo moi igualado, a diferencia foi a resolución en área rival. O primeiro gol, foi un mal despexe da nosa central nun centro lateral, queda o balón morto na área pequena e pouco puide facer Rosío. Teríamos duas boas ocasións para empatar o partido por medio de Barcia nun tiro lonxano, ou Otero que nun remate de cabeza o balón roza o pao.
Na segunda parte teríamos ainda máis ocasión, unha falta de Oli perigosa, un remate de Ainhoa a centro de Gra, que a porteira ssca unha gran man. Nunha contra chegaria o segundo, a dianteira e capaz de xirarse no medio campo coa nosa central, saca un centro lateral que rematan en área pequena de novo. Pasariamos por 10 minutos de anarquia ata repoñernos do golpe e coa entrada de Isa gozaríamos dunha cuadruple ocasión que entre a porteira e as defensas empediron que o balon entrase. Volveria ter Isa outra gran ocasion que marcha rozando o pao para recurtar distancias.
Foi un bo partido por parte do equipo, con xogadoras forzando e xogando con molestias, e que a falta de contundencia en ambas áreas marcou o resultado.
Para semana temos unha nova revancha na nosa casa e esperamos estar mais acertadas de cara o gol, para poder sacar algo positivo”.
Goles : 0-1 Amandha (31′); 0-2 Mónica (57′).
CLASIFICACIÓN
As da Fontenla baixan á 11ª praza con 11 puntos, cinco por enriba do descenso directo.
14ª XORNADA
Na vindeira xornada as xalleiras repiten como locais e recibén ó Victoria FC “B”, quinto clasificado con 26 puntos, o 18 de xaneiro ás 17:00 horas, se non hai trocos.
.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentario : Eloy García