O XALLAS FC PROCLAMOUSE CAMPIÓN ABSOLUTO DOS INFANTÍS DA COSTA E PROMOCIONARÁ A LIGA GALEGA.

O Xallas FC celebrou no céspede do Conchido o título.

 

Outes FC 2-3 Xallas FC

Xa traía un bo resultado do encontro de ida o equipo xalleiro, (4-2), do encontro de ida da Final de Infantís da Costa polo título de campión absoluto e na procura dun posto na promoción o ascenso a Liga Galega Infantil, e non fallou no encontro de volta.

Os rapaces de Eloy García chegaban o Conchido ca intención de deixar solventada a final e pronto se adiantaban por medio de Alberto Jallas, (13´), respostaba o equipo da Serra remontando antes do descanso con goles de Manel Carou, (42´e 43´), o primeiro deles de penalti.

Co encontro máis aberto ca nunca chegaba o gol do empate para os xalleiros por medio de David Temes, (53´), que repetía para sentenzar a final no derradeiro minuto do encontro, (80´).

Nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Xallas FC, por este título, e o desexo do mellor na Fase de Ascenso.

-Foto : Xallas FC

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies