O Xallas FC infantil o día que foi campión de liga.
Xallas FC 3-2 Bertamiráns FC “B”
Tras unha primeira metade na que non se moveu o marcador paosuse a unha segunda de infarto, pois se se adiantaba o equipo xalleiro por medio de Alberto Jallas, (48´), pronto respostaba o equipo de Bertamiráns, por medio de Xurxo, (58´). Tampouco tardou moito en poñerse por diante de novo o equipo de Eloy García, cun tanto de novo de Alberto, (69´). O propio xogador poñía terra de por medio pouco despois, (72´), pero cando todo apuntaba a que non se movería máis o marcador, Martín Mallo, facía o 3-2, co tempo de xogo cumprido, deixando máis aberta a eliminatoria para o vindeiro Domingo no Municipal de Bertamiráns, a partires das 12:00 horas.
Na outra semifinal polo ascenso, o Escola Estrada FB, derrotaba a domicilio ao CF Noia por 1-2.
-Foto : FaceBook Xallas FC
-Texto . piratasdemuxia