O XALLAS FC HOMENAXEA HOXE AOS SEUS CADETES RECÉN ASCENDIDO A LIGA GALEGA.

 

O Multiusos de Santa Comba vestirase na tarde de hoxe de gala e de verde para homenaxear por parte do Xallas FC ao seu equipo de cadetes que acadou un histórico ascenso a Liga Galega Cadete. Un equipo adestrado por José Ramón Río “Jota” e que sumou un total de 49 puntos en 19 encontros dos que gañaron en 16 ocasións, empataron unha vez e tan só perderon en duas citas, marcando 65 goles e encaixando tan só 19, a 1 por encontro de media nos encaixados e 3,42 marcados por encontro.

Javi Caamaño con 28 goles en 20 encontros, (un deles de penalti), foi o seu máximo artilleiro cunha media de 1,4 por encontro, sendo o segundo máximo goleador da competición trtas Brais Fraga do UD Cerqueda, que fixo dous goles máis. O seu segundo máximo goleador foi Joel Ameijeiras con 16 tantos en 20 encontros, e pecha o podio de goleadores Adrián Gerpe con 10 goles en 20 encontros.

Estes son os homenaxeados desta tarde : Joel Amijeiras, Iker Arán, Daniel Barbeira, Fabio Barbeira, Jesús Caamaño, Javier, Alejandro Calvo, Yago Facal, Joel García, Adrián García, Sergio Lois, Manuel Mata, Luis Mourelle, Fabián Negreira, Adrián Periscal, Yago Revarey, Sergio Rodríguez e Manuel Vieito. Adestrador José Ramón Río “Jota”.

A nosa máis cordial noraboa a todos eles e que na vindeira tempada fagan unha gran tempada na Liga Galega Cadete na que representarán xunto co CF Dumbría ao fútbol costeiro.

 

OUTRAS NOVAS DO XALLAS FC

O clube xalleiro anúncianos a fichaxe de Aitor procedente do Sigüeiro para o primeiro equipo e a renovación de Álex Blanco, así coma a fichaxe de Bruno Prego “Doriño”, para o filial, e as despedidas de dous rapaces que levan dende moi nenos no clube como son Manu Pérez e Chrístian Caamaño, despois de gozar de moitos trunfos dos derradeiros anos do clube de Santa Comba.

 

Chrístian Caamaño na final da “LIII Copa da Costa”.

 

Chrístian Caamaño o dono da banda no Xallas FC durante moitos anos despedíase así nas redes sociais : “Toda despedida é complicada, pero cando o fas dunha familia moito máis. Tras 10 temporadas sólo podo ter palabras de agradecemento para a familia do fútbol xalleiro, nos seus múltiples equipos. Agradecer a todos os integrantes do Xallas, nas diferentes temporadas os momentos compartidos, todas as victorias que celebramos e todas as derrotas que asumimos arrimando o hombro. Tendo a sorte de poder celebrar varios títulos, o máis importante son os amigos que me levo. Sodes as persoas polas que esto merece a pena, e ás que nunca lle poderei devolver tanta felicidade.

Mención especial para Doro, persoa sin a cal non se podería entender todo esto. Moito máis que un compañeiro, capitán, amigo ou confidente. Cando te vía entrenar con 14 anos e non te conocía demasiado, admirábate. Agora con 23 admírote máis aínda. Non sólo eres o ejemplo que se lle debería poñer a cada nena e neno que xogue a este deporte, senón que eres o ejemplo que se lle debería poñer tamén a nivel personal”.

-Fotos e Texto :  piratasdemuxia.es/Xallas FC

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.