O XALLAS FC DESCENDE E PROVOCA DESCENSOS NO FÚTBOL COSTEIRO, TRAS GAÑAR E NON LLE ACOMPAÑAR O RESULTADO DO BOIRO-AS PONTES.

 

Se xa había disgusto no fútbol afeccionado co malísimo sistema de competición, agora que todo acaba e os dannificados alzan a voz, vese o absurdas e inxustas que foron tanto as fases de ascenso, como as de descenso. O Xallas FC un damnificado máis desta ruina de sistema.

O Xallas FC precisaba gañar o Santaballés e que o As Pontes non lle gañase ao intratable Boiro. Os xalleiros vencían por 5-0 ao seu rival, pero o As Pontes derrotaba por 0-1, a un Boiro, que non foi o do resto da liga, xa coa permanenza na man, e pode tildarse de “adulteración” da Liga, como apuntan dende santa Comba.

Esto fai que ca caida do Xallas FC a 1ª Galicia, o Volantes de Baño caia a Liga da Costa, (xa non tiñan moitas esperanzas no clube muradán), e o Baiñas a 3º da Costa.

 

-Foto arquivo piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia