O XALLAS FC BOTOU A ANDAR CON MOITAS CARAS NOVAS

 

O Xallas FC botou a andar este pasado xoves coas presentacións na Fontenla con moitas caras novas empezando polo corpo técnico co tandem, Adrián Lema-Pablo Pose. No que se refire a plantilla auna veteranía con moita xuventude ca irrupción de varios canteiráns e a recuperación de homes coma marcos Mouro que retorna o clube que o veu nacer.

O equipo xalleiro prepara a xa inminente participación na Copa Deputación da Coruña para ir limando asperezas de cara a Preferente Norte 2019/20 que comeza o vindeiro 28 de Xullo.

 

Así será a Copa DEPUTACIÓN 2019 

O 28 de Julio terán lugar a Primeira Eliminatoria, onde participarán todos os conxuntos de Primeira Galicia (33 equipos) e 11 equipos de Preferente Galicia, emparellándose na medida do posible entre equipos da mesma comarca, quedando exentos 2 equipos de Preferente Galicia, 7 equipos de Terceira División e 1 equipo de Segunda División “ B”.
O 31 de Julio os gañadores da primeira eliminatoria disputarán os Dezaseisavos de Final, onde incorporaranse os equipos exentos da primeira rolda. Tentarase ata onde sexa posible que os equipos da Primeira Galicia mídanse a un de categoría superior no campo dos primeiros.
O 4 de Agosto disputaranse os Oitavos de Final, sendo os Cuartos de Final o 7 de Agosto. As Semifinais están previstas para o 11 de Agosto. Todas estas eliminatorias serán por sorteo, disputándose no caso de que o houbese no campo do equipo de menor categoría.
A gran Final da Copa Deputación da Coruña 2019 terá lugar o 14 de Agosto, en horario e sede aínda por determinar.
XALLAS FC 2019/20

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es