O XALLAS FC A ESPERA DE CANDIDATURAS PARA A PRESIDENCIA A FALLA DE 7 DÍAS PARA INSCRIBIR O EQUIPO NA 1ª REXIONAL.

O pasado venres 8 de Xullo tivo lugar a Asemblea de Socios do Xallas FC, equipo que este ano baixou a 1ª Rexional arrastrado por un sistema de competición, asqueroso, o cal non nos cansamos de criticar, e menos o fixo o equipo xalleiro, que se manifestou duramente e con xustiza tras ser bilipendiado reclamándolle a RFGF que foi unha liga das máis “adulteradas da historia”.

Os xalleiros no seu día criticaron que os criterios de descenso foron publicados o derradeiro día, antes da derradeira xornada, “e despois de non querer aclarar en ningún intre”, usando un criterio diferente para os da Fase de Ascenso, con respecto aos da de permanenza. Criticaron que é a primeira vez na historia que quedaba por enriba na clasificación un equipo con menos puntos co outro, antre outras cousas.

Agora os xalleiros deberán xogar na 1ª Galicia, e trala asemblea de socios, a diretiva dimiteu en pleno, e non houbo ningunha candidatura que se presentase.

O vindeiro venres 15 de Xullo, a partires das 19:30 horas, voltan a convocar aos socios, na procura de que apareza algunha candidatura que se faga cargo para que non desaparezca, xa que a RFGF ten posto de prazo ata luns 18 de Xullo para inscribir os equipos do fútbol afeccionado galego.

Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa, contacta connosoco en : info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitarte. Cada día en torno a 60.000 visitas.

-Fotos : Xallas FC

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies