Primeiro foi o turno das rapazas na final da “Copa da Costa Feminina” as que xogaron no Municipal da Arliña, (Muxía). O Xallas FC e o CF Dumbría disputaban unha bonita final na que as xalleiras vencían por 2-0, e pola tarde chegaba o turno da “LIX Copa da Costa” dos homes na que tras empatar 1-1 no tempo de xogo e na prórroga no encontro antre o CF Porteño e o CF Dumbría eran os dumbrieses os que se levaban o trofeo o ser mellores dende o punto de penalti na que os dumbrieses marcaban 5 por 4 dos porteños. Gran entrada tanto na final feminina coma na masculina.
A nosa máis cordial noraboa ao Xallas e o Dumbría e os nosos ánimos para o Dumbría feminino e o Porteño pois só se perden as finais cando se xogan.
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”