O XALLAS DERROTA O CORME E COMPLETA AS SEMIFINAIS DA COPA DA COSTA XUVENIL.

 

Faltaba por saber quen sería o rival do Fisterra nas semifinais da Copa da Costa Xuvenil debido a que por mor de que os xalleiros están a disputar a promoción de ascenso a Liga Galega Xuvenil non se xogou a fin de semana pasada. Dumbría e Cerqueda enfrontaranse nunha das semifinais e o Xallas verase as caras co Fisterra na outra, en principio o vindeiro 8 de Maio, (día oficioso).

Cogaron onte na Fontenla o Xallas e o Corme e a vitoria foi para os xalleiros por 2-1. Adiantouse aos 37 minutos o equipo cormelán por medio de Teo e non foi ata a segunda metade cando os de Santa Comba conseguían a remontada con goles de Daniel, (50´) e David, (83´). o encontro estivo arbitrado por Pablo Rama.

O Xallas xogará mañán a volta de semifinais da promoción de ascenso a Liga Galega Xuvenil, na Fontenla a partires das 17:00 horas. Na ida o Amio SD derrotou aos xalleiros por 1-0, polo que non hai nada decidido. Se pasan os de Santa Comba a semifinal de copa será outro día diferente o establecido.

 

ASÍ ESTÁN O RESTO DE COPAS DE FÚTBOL 11 BASE

 

 

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies