O XALLA FC “B” TOMA FORMA CO CADRO TÉCNICO E A INCORPORACIÓN DE VARIOS XOGADORES AO IGUAL CO PRIMEIRO EQUIPO.

Beatriz Velo con César Romero que levará o equipo filial.

 

Cimentos na formación do Xallas FC “B”

O Xallas FC “B” vai tomando forma e se o pasado sábado a sua presidenta Beatríz Velo, presentaba como adestrador ao responsable de prensa do clube, César Romero, agora son varios rapaces os que veñen a seguir dando forma o equipo, que militará na maltreita 3ª da Costa, a que esperamos que se vaian unindo novos equipos, dos que hai rumores pero ainda nada concreto.

César Romero sube do equipo xuvenil a Alejandro, Nando, Brais e Fabián e as novas incorporacións de Estiven e Joel.

Movementos no primeiro equipo

No que se refire ao primeiro equipo que militará un ano máis na Preferente Norte, anúnciannos dende o clube xalleiro que o corpo t´cnico que colleu o equipo na segunda volta, formado por David González, que deixaba o Bergantiños CF Xuvenil e Ánxo como preparador físico e man dereita do adestrador. No que se refire a fichaxes, a primeira é a do fisterrán, Ezequiel, que procede do UC Cee, un xove talento con moito gol nas suas botas. No que se refire ao capítulo de biaxas o clube xalleiro comunícanos as de Jordan, Kamilo, Santi Hernández e Pablo Mata. 

Preinscricións para os equipos de base

O clube de Santa Comba ten aberto o prazo de inscricións en tódalas suas categorías de fútbol base, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís. Como xa vos informamos trala resolución da RFG sobre o remate das ligas o equipo cadete a vindeira tempada militará na Liga Galega.

Os interesados en unirse as escolas de base do Xalla FC poderán facelo por medio das redes sociais do clube en FaceBook, Instagram ou Twitter, así como contactando co clube. O prazo remata o 10 de Xullo a media noite.

 

-Foto e Texto :  Prensa Xallas FC/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.