A afección dos de Baño fíxose notar durante todo o encontro.
Ainda falta moito pero o Volantes de Baño CF con duas vitorias en dous encontros disputados, amosouse como o equipo máis forte dos 3 nesta primeira toma de contacto ca promoción de ascenso a 1ª Galicia G2. Os de José Manuel Sil que tralos reforzos de inverno foron a máis ata acadar o histórico subcampionato da Liga da Costa, o seu mellor posto historicamente, derrotaron na 2ª xornada da liguiña polo ascenso ao Cacheiras, (5-0), e na tarde do Domingo goleaban a domicilio ao outro rival, o Villestro SD, nun encontreo moi traballado e no que os de Baño amosaron experiencia e saber estar para levarse o choque do seu lado, arroupados por unha afección que os levou en volandas no “Campo das Barrosas” de Villestro.
Aquí tes a visión do encontro do técnico dos de Baño :
José Manuel Sil, (Adestrador do Volantes de Baño CF) : “Creo que foi un partido moi intenso, no cal conseguimos a victoria ante un auténtico equipazo que en fases do partido foi superior e costounos moito controlalos dado a calidade individual de todos os seus xogadores e órde táctico. Nos saimos moi ben posicionados defensivamente e tivemos a eficacia para nas 3 primeiras chegadas facer dous goles. A partires do minuto 20 fixéronos dano por fora e non soubemos contrarestar, de aí o gol deles. Tivemos a sorte de marcar o 1-3 nunha acción aillada e xusto antes do descanso farían o 2-3. Na segunda parte solventamos ben os problemas que nos causaban na primeira. Apenas sufrimos, xa volvemos coller control do partido como nos primeiros 20 minutos. E de aí o 2-4, no minuto 60, e o control do partido ata o final”.
FICHA TÉCNICA
SD Villestro : Pedro, Jorge, Alejandro, Rubén, Mateo, José, Álvaro, Daniel, Gabriel, Alejandro e Matías.Tamén xogaron : Diego, Iván, Víctor, Guillermo e César.
Volantes de Baño CF : Marcos, Juan, Thiago, Jesús, Santi, Godo, Pesco, Rachón, Alejandro Vázquez, Fernando, e Alejandro Rodríguez. Tamén xogaron : Iván, Raúl, Samuel e Ramón.
Goles : 0-1, Pesco, (2´); 0-2, Alejandro Fernández, (6´); 1-2, Ruben, (12´); 1-3, Thiago, (35´); 2-3, Alejandro, (43´); 2-4, Alejandro Fernández, (58´).
Árbitro principal : Rubén Rodríguez Vaamonte
Asistentes : José Manuel González e Jorge García.
AMONESTACIÓNS
SD Villestro : Cartóns amarelos para Alejandro, José e Diego. Vermello direto a Rubén no 69.
Volantes de Baño CF : Thiago, Santi, Pesco, Samuel e o 2º adestrador Gabriel Lago. O xogador fernando vería no 69 un cartón amarelo e xa co encontro rematado un vermello direto.
2º : Cacheiras CF : 1, (un encontro xogado)