O VOLANTES GOLEA CA INERCIA DO CAMPIÓN

 

Cacheiras CF 0-5 Volantes de Baño CF

Nova goleada do equipo de Baño que suma 14 goles a favor e 2 en contra nos 3 encontros disputados desta histórica promoción de ascenso a 1ª Galicia G2. O equipo muradán ca inercia de campión volveu a facerlle unha m”manciña” ao Cacheiras, nun choque no que os ánimos eran máis de pasear que lle xogar o fútbol, xa que non había nada en xogo, co asecnso para os muradáns dende fai unha semana e con duas xornadas por diante ainda por diputar. O equipo de Baño despide esta promoción o vindeiro Domingo 16 de Xuño recibindo no “Eleuterio Balayo” ao SD Villestro.

A VISIÓN DO TÉCNICO

José Manuel Sil, (Adestrador do Volantes de Baño CF) : “Creo que foi un partido no que influíu moito o estado de ánimo. Nos estamos en ese punto que nos sae todo ben tanto en ataque como en defensa. Volvemos a marcar moi rápido e os 15 minutos xa gañábamos 0-2. Esto desmoralizou máis a eles e nós xogábamos a pracer, moi intensos, ordenados e con profundidade, e xogadas e transicións moi rápidas. Xa fomos o descanso gañando 0-4, e na segunda metade cos cambios seguimos competindo moi ben. De aí o marcador final”.

Goles : 0-1, Alejandro, (9´); 0-2, “Pesco”, (16´); 0-3, “Rachón”, (21´); 0-4, Thiago, (24´); 0-5, Samuel, (63´).

CLASIFICACIÓN 

Volantes de Baño CF : 9 Puntos en 3 encontros

SD Villestro : 2 puntos en 3 encontros

Cacheiras CF : 2 puntos en 4 encontros.

-Fotos cedidas por José Manuel Sil-

+++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies