O VOLANTES DE BAÑO DESPIDEU UNHA TEMPADA HISTÓRICA

 

 

Volantes de Baño CF 1-1 SD Villestro

O equipo de Baño despideu unha tempada histórica ca mellor clasificación da sua hiostoria, subcampión da Liga da Costa e unha fase de ascenso inmaculada, co ascenso a 1ª Galicia G2, con 3 trunfos e un empate con 15 goles a favor e tan só 3 en contra. Os rapaces de José Manuel Sil despediron a tempada ante os seus siareiros cun empate nunha tarde de celebración para lembrar por sempre.

 

A VISIÓN DO TÉCNICO

José Manuel Sil, (Adestrador do Volantes de Baño CF) : “Creo qe foi un partido de tramite xogado sin tensión con ambiente festivo xa que aproveitamos para festexar o ascenso cos nosos e no que o resultado era o de menos. O Villestro presentou bastantes baixas e compiteu moi ben. Asi e todo creo que merecemos a victoria por chegadas e ocasións. Punto final a outra temporada historica para o club. Porla miña parte felicitar a nosa afición que estivo todo ano increible e o seu apoio foi básico. Por suposto a cada un dos xogadores, directiva, delegad@s , Julio e Maria e os meus axudantes Óscar, Raúl e Gabri, que fixeron posible esta xesta”.

CALENDARIO
SD Cacheiras 1-1 Villestro SD
Volantes de Baño CF 5-0 SD Cacheiras
Villestro SD 2-4 Volantes de Baño CF
Villestro SD 2-2 SD Cacheiras, (02/06)
SD Cacheiras 0-5 Volantes de Baño CF, (09/06)
Volantes de Baño CF 1-1 Villestro SD, (16/06).
+++++
CLASIFICACIÓN
1º : Volantes de Baño CF : 7 puntos

2º :  Villestro SD : 3

3º : Cacheiras CF : 2

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies