O VOLANTES COMEZA A FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA G2 DÁNDOLLE UN BAÑO O CACHEIRAS

-FASE ASCENSO A 1ª GALICIA-
O Volantes goleou respaldado pola sua afección.
 
Volantes de Baño CF 5-0 Cacheiras SD
-Baño do Volantes para coller o primeiro posto na liguiña-
O Volantes deulle un “baño” ao Cacheiras SD no primeiro encontro dos de Sil na Fase de Ascenso a 1ª Galicia G2 nun “Eleuterio Balayo” que gozou dunha grande animación para levar ao equipo en volandas na procura do ansiado e histórico ascenso. Comezou arrasando o equipo muradán que a media hora de xogo gañaba por 3-0 con goles de Alejandro, Berto e “Pesco”, que repetía a volta de vestiarios e completaba a “manciña” Fernando no desconto. A vindeira fin de semana os de Baño visita ao Villestro SD, xa sen o inconvinte da copa da que quedaron apeados tras caer nos penaltis ante o Malpica, (0-0). Abre a nova ao completo para ver calenadario e clasificación.
 
Volantes de Baño CF : Marcos, Thiago, Jesús, Santi, Godo, Ángel “Pesco”, Berto, “Rachón”, Alejandro Vázquez, Fernando, Alejandro Rodríguez.Tamén xogaron : Iván, Damián, Raúl e Juan.
 
Cacheiras SD : Alvaro, Alberto, Adrián, Luis, Alejandro, Santiago, Adiráns, Abel, Alejandro, Charles e Leonardo. Tamén xogaron : Hugo, Simón, Gonzalo e Jairo.
 

Goles : 1-0, Alejandro Vázquez, (2´); 2-0, Berto, (10´); 3-0, “Pesco”, (28´); 4-0, “Pesco”, (74´); 5-0, Fernando, (94´).

CALENDARIO
 
SD Cacheiras 1-1 Villestro SD
Volantes de Baño CF 5-0 SD Cacheiras
Villestro SD-Volantes de Baño CF, (26/05)
Villestro SD-SD Cacheiras, (02/06)
SD Cacheiras-Volantes de Baño CF, (09/06)
Volantes de Baño CF-Villestro SD, (16/06).
CLASIFICACIÓN
 
Volantes de Baño CF : 3

Cacheiras CF : 1 punto

Villestro SD : 1
 

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies