O Volantes buscará o Domingo os primeiros puntos polo ascenso

-FASE ASCENSO A 1ª GALICIA-
O Volantes foi un equipo que creceu e moito durante a tempada.
 
O Volantes  buscará o Domingo os primeiros puntos polo ascenso-

Este vindeiro Domingo 16 de Maio o Volantes de Baño CF tomará contacto coa Fase de Ascenso a 1ª Galicia G2 recibindo no “Eleuterio Balayo” de Muros ao SD Cacheiras a partires das 17:00 horas, un choque no que os rapaces comandados por José Manuel Sil buscarán unha vitoria para así poñerse na cabeza da clasificación tralo empate antre SD Cacheiras e SD Villestro do pasado Domingo. Un choque que acabou co resultado de 1-1, tras adiantarse os cacheirenses cun tanto en propia porta de Iván a hora de encontro, e empatar os visitantes cun tanto de Rubén no derradeiro treito do encontro, (87´). Comeza pois para os de Baño o vindeiro Domingo unha fase de ascenso histórica, xa que nunca a disputaran e para a cal lle desexamos toda a sorte do mundo e esperamos celebrar na nosa web, (xa na nova) o seu ascenso a 1ª Galicia G2. Abre a nova ao completo para ver calenadario e clasificación.

CALENDARIO
 
SD Cacheiras 1-1 Villestro SD
Volantes de Baño CF-SD Cacheiras, (19/05 ás 17:00 horas)
Villestro SD-Volantes de Baño CF, (26/05)
Villestro SD-SD Cacheiras, (02/06)
SD Cacheiras-Volantes de Baño CF, (09/06)
Volantes de Baño CF-Villestro SD, (16/06).
CLASIFICACIÓN
 
Cacheiras CF : 1 punto
Villestro SD : 1
Volantes de Baño CF : 0
 

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-