O VINDEIRO VENRES 2ª EDICIÓN DO MUXIUP CO PARQUE DE ATRACCIÓNS PARA NENOS E VERBENA VENRES E SÁBADO, (ACTOS DE VERÁN DO CONCELLO DE MUXÍA).

 

O parque de atraccións de Muxía abrirá a segunda edición da programación de verán MuxiUP

Como novidade neste segundo ano, a rapazada terá un carné co que durante a inauguración e clausura poderán gozar das atraccións de balde.

Ademais, durante todo o verán haberá exposicións, mostras de artesanía, ioga na praia, espectáculos, concertos, actividades nas parroquias e o xa tradicional autocine de Muxía, único na Cosa da Morte e no que este ano o protagonista será a versión familiar do filme ‘Pinocho’.

O goberno local presentou onte a segunda edición da programación cultural de verán MuxiUp. O equipo de goberno estivo durante meses a cargo de Olalla Benlloch, concelleira de Cultura, traballando nunha programación cultural, deportiva, festiva, de carácter comarcal e referencia na contorna.

MuxiUP! “Sejunda edisión” (clara referencia a fala característica muxiá) terá como apertura o parque de atraccións o vindeiro día 23 de xuño no porto de Muxía. Este atractivo foi o único e primeiro da provincia o ano pasado, un auténtico éxito na súa primeira edición. Nesta segunda, que será un parque aínda máis grande e cheo de sorpresas, desde o grupo de goberno esperan “que aumente numero de asistencia para que toda a veciñanza de Muxía poda gozar dunhas xornadas festivas na súa vila”.

Como novidade desta edición, a rapazada de vila da Barca terá un carné co que durante a inauguración e a clausura poderán, de forma gratuíta e cantas veces queiran, acudir a todas as atraccións situadas na explanada do porto muxiá.

Outras das sorpresas deste ano e para completar esta actividade infantil levaranse a cabo dúas actividades nocturnas festivas. O 24 de xuño, poderase gozar e bailar coa actividade chamada ‘Muxiup! Young’ que traerá a discoteca móbil Impacto, acompañada dun DJ invitado. Un día despois e para os máis adultos, chega o ‘Muxiup! Senior’, onde se combinará o espectáculo da orquesta ‘Noche de Estrellas’ e a discoteca Impacto.

Unha programación completa e adaptada a todos os públicos

Durante todo o verán haberá exposicións, mostras de artesanía, ioga na praia, espectáculos, concertos, actividades nas parroquias e o xa tradicional autocine de Muxía, único na Cosa da Morte e no que este ano o protagonista será a versión familiar do filme ‘Pinocho’.

Tras a presentación, o alcalde de Muxía, Iago Toba, quixo destacar “o esforzo e o compromiso da concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, que non tendo dedicación remunerada está a realizar unha labor nunca antes vista neste concello no eido cultural. É un orgullo ver como grazas ao seu gran traballo, Muxía é referente na comarca no ámbito cultural”.

“Planificamos unha programación cultural completa e pensada para todos os públicos. Despois deste anos duros de pandemia confiamos en que esta segunda edición do MuxiUp sexa un impulso de alegría e positividade para toda a veciñanza de Muxía”, destacou a concelleira Benlloch.

-Foto e Texto : Prensa Concello de Muxía

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies