O VINDEIRO LUNS REMATA A OPCIÓN DE RENOVACIÓNS DE ABONOS DO DEPOR MANTENDO O ASENTO.

 

A irrupción da nova App do RC Deportivo acabou coas presas e as longas colas para renovar o carnet de aboado do Depor, que leva consigo tamén a opción de asistir aos encontros de tódalas categorías do clube e por 5 euros máis a de ser socio do Deportivo Liceo, fixo que sexan moitos os que vaian repartindo gastos e esperen para renovar.

Esto acabarase o vindeiro luns antes da media noite do martes, (23:59 horas), pois tal e como nos apuntan dende o clube, xa dende o martes as localidades non renovadas poderán ser ocupadas por outros socios. No que se refire as novas altas non será ata o día 22 cando se poidan facer.

Ata o de agora van renovados a peche da Oficina de Atención ó Deportivista, (OAD), na tarde do martes 9 de Agosto, 10.841 carnets.

Así nos explican o tema dos asentos dende o RC Deportivo :

Se queres garantir o mesmo asento que a pasada temporada debes renovar o teu abono dentro dos seguintes prazos:

– Presencialmente ata o venres 12 na Oficina de Atención ao Deportivista, onde só se atende coa cita previa que debes solicitar en http://citaprevia.rcdeportivo.es/gl/.

– Online (en https://xerion.rcdeportivo.es/renovacionata o luns 15 de agosto ás 23:59 h. (Para evitar incidencias de última hora recomendámosche renovar con anterioridade debido a que en caso de incidencias telemáticas non hai servizo de atención a fin de semana -sábado 13 e domingo 14- nin festivos -luns 15-)

– Por transferencia debes realizala e enviar o xustificante identificando o titular do abono a atencion.deportivista@rcdeportivo.es antes do venres 12 de agosto ás 20:00 h.

A partir do día 16 pódese seguir renovando pero xa sen a garantía de dispoñer da mesma localidade que a pasada temporada xa que ao liberar as localidades non renovadas é posible que outra persoa socia solicítea como cambio de localización.

A perda e consecuente cambio de localidade non conleva, en ningún caso, a perda da antigüidade como persoa abonada do Dépor.

Aquí atoparás toda a información da campaña de abonos e as ligazóns para poder renovar en liña: https://www.rcdeportivo.es/gl/abonos

 

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia/rcdeportivo