A Selección da Costa Sub 11 ten opcións.
A Cidade Deportiva de “A Torre/Arsenio Iglesias”, (A Coruña), coroará aos campións e campioas do Campionato Galego de Seleccións Comarcais o próximo 25 de marzo tras a disputa da primeira fase que tivo lugar o pasado mes de febreiro en Dumbría e Cee.
Así, en Fútbol 8 disputáronse 4 partidos na primeira fase e xogaranse outros 2 partidos nesta fase final, un total de 6 encontros, outorgándose 3 puntos por vitoria e 1 por empate. A suma de puntos totais obtidos nas dúas fases dictaminará as catro seleccións clasificadas para as semifinais. En Fútbol 11, pola súa banda, disputáronse 2 partidos na primeira fase e xogarase 1 partido na segunda fase, un total de 3 partidos, outorgándose 3 puntos por vitoria e 1 por empate. A suma de puntos totais obtidos nas dúas fases dictaminará as catro seleccións clasificadas para as semifinais.
Todo por decidir
A Coruña acollerá unha xornada de fútbol base en estado puro na que se deciden os campións galegos. Así, e tras a disputa da primeira fase en Dumbría e Cee, as clasificación quedaron da seguinte maneira:
Categoría sub-11 e sub-14 feminina

Categoría sub-11 e sub-13 masculina

Un total de 42 partidos distribuidos en 5 campos
O torneo dará comezo ás 9:30 horas e rematará co acto de entrega de trofeos e medallas previsto para as 8 da tarde. Todo según un intenso calendario de partidos. Serán en total 42 encontros, 28 na modalidade de Fútbol 8 e 14 na modalidade de Fútbol 11. Unha apaixoante xornada que transcurrirá según o seguinte calendario:
-Fotos e Texto : RFGF/www.futgal.es