O VINDEIRO DOMINGO 23 DE ABRIL “COCTEL SOLIDARIO AGAELA” ORGAÑIZADO POLO 5 CORUÑA FÚTBOL SALA, O BICO BAR E “ASOCIACIÓN GALEGA DE ESCLEROSE LATERAL AMIOTRÓFICA”..

 

O vindeiro domingo 23 de abril de 2023 celebrarase un “Cóctel Solidario Agaela” no BICO BAR

O 5 Coruña Futbol Sala, Bico Bar (Tr.ª Orillamar, 2, 15001 A Coruña ) e Agaela unen as súas forzas para organizar unha sesión vermú a mañá do Domingo 23 de Abril, co obxectivo de visibilizar o traballo que realiza a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica.

Gustaríanos convidarche a colaborar con AGAELA o vindeiro domingo 23 de abril de 2023, durante a sesión vermú organizada polo 5 Coruña Fútbol sala e Bico Bar.

Haberá diferentes tipos de cócteles solidarios, música a cargo da Railroad Band e de Mais Music DJs.

A sesión vermú comezará a partir das 11:30 horas e finalizará ás 15:00 horas, nas instalacións de Bico Bar (Tr.ª Orillamar, 2, 15001 A Coruña ).

A organización ofrecerá distintos tipos de colaboracións a través das consumicións no local, a posibilidade de adquirir produtos solidarios nunha caseta de Agaela e achegas nunha hucha solidaria, pero sobre todo bo ambiente e sorteos.

Haberá diferentes sorteos para premiar a colaboración:

– 5 entradas dobres para o partido RC Deportivo – Alxeciras CF (21/5/23)

– Diferentes pezas de roupa do 5 Coruña Futbol Sala.

O obxectivo deste “Cóctel Solidario Agaela” é visibilizar a situación na que se atopan as persoas con ELA e recadar fondos para continuar realizando un labor de atención e asesoramento que mellore a calidade de vida das persoas enfermas de ELA da nosa comunidade autónoma.

-Foto e Texto : Prensa 5 Coruña FS

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies