A RFGF anuncia axudas para os equipos galegos da Preferente e da 1ª, 2ª e 3ª Galicia, pero nelas esixe unhas condicións bastante curiosas, a de maior calado é a propaganda co logo da Real Federación Galega de Fútbol, (RFGF), nas camisetas dos equipos, cunhas determinadas esixencias en posicionamento, cor, e tamaño, así coma nos carnets, e na publicidade que faga o clubes, (carteis de partidos, eventos, etc).
As axudas non sacan de moito apuro aos clubes
As actuacións de promoción do fútbol teñen na concesión de axudas aos clubs unha das
súas principais e máis eficaces manifestacións. Na Real Federación Galega de Fútbol (RFGF)
estas actuacións, realizáronse nas últimas temporadas de forma repetida, cristalizándose
nas seguintes axudas dirixidas ao:
– Fomento do fútbol base.
– Fútbol base deslocalizado.
– Promoción do fútbol feminino.
– Fomento do fútbol sala masculino e feminino.
– Participación nas copas Deputación.
– Adhesión ao seguro de responsabilidade civil.
– Prevención da crise sanitaria orixinada pola COVID-19.
– Compensación aos clubs pola cesión de futbolistas nas convocatorias das seleccións
galegas.
– Programa Alento do fútbol afeccionado.
– Entrega de material deportivo, balóns e bolsos.
Primeiro din que : Para a temporada 2022-2023 a RFGF destina a estas actuacións a cantidade de 1.573.000 €,
de forma que as nosas entidades deportivas poden levar a cabo a súa actividade de xeito
máis operativo e garantindo sempre a finalidade última da promoción do fútbol na RFGF,
que non é outra que o crecemento e o fortalecemento do noso deporte no ámbito da nosa
comunidade autónoma.
Logo din que : A RFGF destina un máximo de 332.100 € na temporada 2022-2023 ás axudas
obxecto desta convocatoria. Estas axudas súmanse ao material deportivo que os clubs xa
recibiron para esta temporada e a súa adhesión ao Seguro de Responsabilidade Civil
subscrito aos efectos pola RFGF.
Esta cantidade estará distribuída do seguinte modo:
a) Axudas a clubs de Preferente Galicia, 2.000 € por equipo.
b) Axudas a clubs de Primeira Galicia, 1.000 € por equipo.
c) Axudas a clubs de Segunda Galicia, 500 € por equipo.
d) Axudas a clubs de Terceira Galicia, 300 € por equipo
COMPROMISO DOS CLUBES
Os beneficiarios deberán cumprir os seguintes compromisos:
a) Permanecer na competición correspondente durante toda a temporada 22-23. En
caso de causar baixa na competición, o club estará obrigado á devolución da
cantidade total da axuda concedida.
b) Incluír o logo da RFGF na camiseta de xogo dos equipos do club beneficiario da
axuda, no formato que se xunta no anexo III de esta convocatoria, ben a través dun
parche ou a través do serigrafiado ou sublimación no mesmo (opcional na
temporada 22-23).
c) Colaborar coa RFGF en accións sociais, formativas e de fomento do fútbol dentro
do ámbito autonómico, co a cesión de persoal técnico, xogadoras ou xogadores.
d) Colaborar coa RFGF en adestramentos e partidos oficiais das seleccións galegas ou
comarcais, coa cesión de persoal técnico, xogadoras, xogadores ou instalacións
deportivas.
e) Colaborar nas accións sociais, formativas e deportivas da RFGF, mediante a cesión
de persoal, xogadoras, xogadores ou instalacións deportivas.
f) Incluír o logo da RFGF en todas as comunicacións e soportes publicitarios do club,
sexan físicas (comunicacións postais, carteis dos partidos, carnés de socias e
socios…) ou dixitais (web, cabeceira e post nas redes sociais, correos,
presentacións…) de acordo ao anexo III de esta convocatoria.
g) Ceder os dereitos de imaxe do club para gravacións e retransmisións de eventos
deportivos de ámbito autonómico.
h) Participar en exclusiva en competicións ou partidos que estean organizadas ou
autorizadas pola RFGF.
7.2. Estes compromisos serán de obrigado cumprimento para a temporada 22-23,
desde a data da resolución definitiva da axuda, coa excepción da inserción do logotipo
da RFGF na camiseta de xogo e nos carnés de socio/a, que serán de obrigado
cumprimento a partires da temporada 23-24.
7.3. A inserción dos logotipos da RFGF deberán axustarse a imaxe corporativa que figura
no anexo 3 de esta convocatoria
XUSTIFICACIÓN
A xustificación será a través de evidencias gráficas dos cumprimentos, que a RFGF
solicitará de oficio.
8.2. A RFGF poderá solicitar o club beneficiario da axuda:
a) Imaxe da camiseta de xogo co logotipo da RFGF.
b) Foto da camiseta nun partido da competición co logotipo da RFGF.
c) Imaxe do cartel de partido co logotipo da RFGF.
d) Imaxe do carné de socia/o co logotipo da RFGF.
e) Imaxe dunha comunicación postal co logotipo da RFGF.
f) Imaxe dunha comunicación por mail co logotipo da RFGF.
g) Imaxe da web co logotipo da RFGF.
h) Imaxe dun post nas RR. SS. co logotipo da RFGF (cabeceira, posts, etc…).
Non entendemos moito como é, pois somos de letras, pero si entendemos que unha axuda a un club da Terceira Galicia de 300 euros daralle pouco máis que para poñer o logo da RFGF, en tódalas camisetas, pois de non cumprir este mínimo requisito a axuda deberá ser devolta, coma moitos outros requisitos que piden. Que é unha axuda ou é para facer propaganda a baixo coste?.
Descárgate o pdf con toda a información das axudas
Se os da RFGF ou calquer club, (que xa se puxeron varios en contacto connosco protestando por este e outro motivo), queren contactar connosco e sacar unha explicación, non teñen máis ca contactar connosco.
-Foto : RFGF
-Texto : piratasdemuxia