O VINDEIRO 8 DE FEBREIRO INAUGURACIÓN DO REMODELADO CAMPO “O PINGUEL” CUN ENCONTRO ANTRE “VELLAS GRORIAS DO SD PONTECESO” E O DEPORTIVO DE VETERANOS.

 

 O Concello de Ponteceso en colaboración co SD Ponteceso orgañizan un tremendo encontro con figuras do fútbol profesional e da costa para estrear o flamante terreo de xogo do “Pinguel”, (Ponteceso).

O encontro será o vindeiro 8 de Febreiro a partires das 12:00 horas e nél enfrontaranse unha “Selección de Vellas Grorias do SD Ponteceso” e o Deportivo de Veteranos. A recadación do evento será a beneficio da Asociación de Loita Contra o Cancro.

O Municpal do Pinguel que leva varios meses con retraso cambiouselle por completo o tepe de herba artificial e agora conta cun tepe de 1ª xeración coma os que xa podemos ver na costa nos campos do “Agra de Silveira”, (Monte Louro) ou na “Arliña”, (Muxía), e para él fíxose un desenvolso de máis de 450.000 euros.

Aquí tedes unhas fotos que nos envía o noso colaborador Manolo Parga do extraordinario aspecto do campo pontecesán, no que xogan o equipo senior, os veteranos e tódalas categorías de base da SD Ponteceso dende xuvenís ata prebenxamíns.

 

 

 

–Texto : piratasdemuxia.es
-Fotos : Manolo Parga.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies