A “Pedra d´Ouro” é o campo principal do equipo mazariquense.
O vindeiro sábado 13 de Xuño o CF Mazaricos convoca aos seus socios e simpatizantes a Asemblea Xral Ordinaria na que se presentarán as contas e a aprobación das mesmas na Casa da Cultura da Picota, (Mazaricos), en primeira convocatoria ás 21:00 horas e media hora máis tarde en segunda, pero o punto clave desta xuntanza é a da elección dunha nova diretiva, xa que a actual non segue. O prazo de presentación de candidaturas remata a hora da xunta e tras ista elección se aparecen candidatos terán lugar os habituais “Rogos e preguntas”.
O clube mazariquense tn o seu equipo senior competindo na 1ª Galicia G2, e asimesmo conta cun equipo feminino que está a competir a gran nivel na Liga de Fútbol 7 da Zona de Santiago e que estuda a idea de formar equipo de Fútbol 11 para na vindeira tempada sair na 2ª División Galega Feminina. Ademáis conta cun consolidado equipo de veteranos e un equipo de Fútbol Sala Masculino, que pase o que pase continuará competido.
O CD Baio tamén convoca Asemblea Xeral Ordinaria
Tamén o CD Baio, que milita na 1ª Galicia G2 ao igual co CF Mazaricos, ten esta semana Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o venres 12 de Xuño e na que se debatirán e votarán os seguintes asuntos :
-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es/Jorge Villar “Gorrión”/CD Baio
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.