O VIMIANZO TM LÉVASE O DERBI COSTEIRO DO TENIS DE MESA GALEGO.

O pasado sábado disputouse a 4ª xornada da 1ª División Galega de Tenis de Mesa, e no pavillón municipal do Concello de Zas vivíase o primeiro derbi costeiro da tempada. Enfrontábanse o AD Zas O Pinar e o VTM Pinturas Figueiras, nun duelo con clara vitoria para os visitantes por 1-4.

O encontro tivo bo ambiente e moita deportividade, pero o conxunto vimiancés impuxo o seu xogo dende o inicio, demostrando por que está a ser un dos equipos máis fortes do grupo. Con este resultado, o Vimianzo TM sitúase na parte alta da clasificación con 3 vitorias en 3 encontros, mentres que o AD Zas queda con 1 vitoria e 3 derrotas, na parte baixa do cadro.

Aliñacións:

  • AD Zas O Pinar: Manuel, Noel e J.A.

  • VTM Pinturas Figueiras: Nico, Julio, Paco Paz e Budi.

  • Colexiado: Enrique Mallón.

 

Proxima cita

O vindeiro sábado 15 de novembro, volverá haber tenis de mesa na Costa da Morte coa disputa do encontro entre o VTM Pinturas Figueiras e a Sociedade Deportiva Hípica da Coruña. O partido celebrarase no Instituto Terra de Soneira de Vimianzo, ás 17:00 horas.

 Boa actuación tamén do segundo equipo vimiancés

Os rapaces do 2º equipo do Vimianzo TM desprazáronse ata A Coruña para disputar a 2ª xornada da 2ª División Galega. Enfrontáronse a dous equipos locais, cun balance positivo dunha vitoria e unha derrota.

Os vimianceses venceron por 3-2 aos rapaces do Concello de Ares, e caeron pola mínima, 2-3, fronte aos veteranos do Finisterre TM, nun dobre desprazamento que serviu para seguir acumulando experiencia e boas sensacións.

Vimianzo TM “B”: Karim, Joey, Simón, Pablo, Jonathan e Nico.

-Fotos : Paco Paz

-Texto : Xosé Búa “Pirata”