O VIMIANCÉS MARTIÑO RIVAS PRESUME DE DEPORTIVISMO AO MESMO TEMPO QUE SCALONI RECOLLÍA O GALARDÓN DE MELLOR ADESTRADOR DO MUNDO FIFA.

O montaxe con Scaloni detrás é cousa nosa.

 

Este pasado luns coincidían 3 deportivistas famosos ao mesmo tempo nas televisións, na 1ª canle estaba o ourensán Rodrigo Vázquez, co seu novo programa, “Todos contra 1”, e que tódalas tardes presenta “El Cazador”, e cando ten ocasión saca algunha coletilla sobre o Depor, e inclúense preguntas nas que o Depor está presente, de cando en vez. 

O mesmo tempo que Rodrigo presentaba o seu concurso na estatal, en Antena 3 o actor vimiancés, Martiño Rivas, fillo do escritor, Manolo Rivas, actual  Goya ao mellor actor revelación, que traballou en El Internado, Las Chicas del cable…estaba no programa “El Hormiguero”, onde foi entrevistado sobre o seu novo traballo no que fará de Nacho Vidal, e participou das cousas que alí fan. A sua indumentaria non pasou desapercibida para ninguén, e como nón o teléfono bruaba de amigos de tódolos lados para informarme, pois moitos saben, que ademáis presumo de ter unha igual que foi de Mauro Silva.

Mentres Martiño profesaba o seu amor o Depor, en moitas das outras televisións e por todo o mundo, outro deportivista consumado recibía o galardón ao mellor adestrador do mundo FIFA, tras ser ninguneado, como que só valería para dirixir o tráfico, sen facer caso das críticas o de Pujato doulle a Selección Arxentina o seu carisma e gañou a Copa America, a CONMENBOL-UEFA derrotando o campión de Europa, (Italia), e a Copa do Mundo, (cáseque nada!).

 

-Foto : Captura José Manuel Cabrera

-Texto : piratasdemuxia