O VIMIANCÉS JESÚS ALONSO COUSILLAS, SERÁ O ADESTRADOR DO BERGANTIÑOS B QUE VOLVE E VOLVE AO FÚTBOL DA COSTA NA 2025/26.

Cousillas foi levará as rendas do filial do Bergan.

O vimiancés Jesús Alonso Cousillas, (Mouzo-Vimianzo 06/03/1981), retorna ao fútbol costeiro, no que os seus derradeiros coletazos foron no CF Porteño, e faino para levar as rendas do Bergantiños FC “B”, que tamén volve e faino para competir na 3º da Costa.

Cousillas, que ven de ser intervido dunha operación do Talon de Aquiles recibeu a chamada do clube carballés por medio de, “Manuel Castiñeiras e de Pose, do que quedei moi agradecido e aceptei tras consultalo coa familia, xa que o proxecto require un esforzo o desprazamento”.

O novo adestrador do filial do Bergan para estar consigo no apartado técnico espera, “liar a un vello amigo i estará Sebas, un chaval estupendo que estaba adestrando un dos equipos xuvenís do Bergantiños e anteriormente estivo no Oza”. 

A estructura do que será o novo equipo do equipo da capitla de Bergantiños está clara para Jesús Cousillas : “A base principalmente serán os xuvenís que pasan a senior, e estamos traballando en algún xogador un pouco máis contrastado e con experiencia na costa”.

O obxetivo tamén está claro para o adestrador vimiancés : “Esperamos facer unha boa temporada e que os xogadores sigan medrando”.

A chegada do filial do Bergan a 3º da costa é unha boa nova dados os altibaixos que sufre esta categoría tódolos anos coa baixa de equipos e o sistema de que suben máis dos que baixan, ainda que este ano baixaron 3 os memos que subiron a Liga da Costa motivado polo arrastre que sufreu o Coristanco o non subir ningún dos dous que promocionaron na Liga da Costa, (Soneira e Baio). 

Polo tanto a día de hoxe e se non hai baixas ou incorporacións a 3º da Costa 2025/26 formaríana o : Cerqueda, Oza, Volantes, Pereiriña, Seaia, Baiñas, Nantón, Camelle, Buño, Muxía B, Brens, Laxe, Cee, Lira, Coristanco e Bergantiños B. 

-Foto : Prensa Bergantiños FC

-Texto : Xosé Búa “Pirata”