O VIMIANCÉS, BASTI DE LA SIERRA, COLGA AS BOTAS E ANÚNCIAO CUNHA EMOTIVO MENSAXE.

Basti na final da “LIII Copa da Costa”, (2016), que perderon a penaltis co Xallas.

 

O vimiancés, Basti De la Sierra, deixa o fútbol tras conseguir ascender co SD Soneira, o equipo da sua vida, e que decideu deixar a 1ª Galicia para refundarse e comezar dende o máis baixo cun proxecto da casa.

O gran xogador costeiro despedíase cunha emotiva mensaxe no seu FaceBook, cheo de lembranzas e agradecementos, sen deixar de lado o seu cariño o Soneira SD, o que lle dou e o duro que é ter que deixar o que máis lle gusta por problemas físicos. O noso agradecemento a todo canto deu o noso fútbol, e que de seguro que seguirá dando, pois como dí : “A miña vida sin fútbol non é unha vida completa, por eso tou seguro que dunha forma ou outra vou tar siempre ligado a él”…O noso desexo de moita sorte no que está por vir.

MENSAXE DE DESPEDIDA DE BASTI DE LA SIERRA

É SOLO FÚTBOL
Despois de muito meditalo, de darlle todas as voltas do mundo, de ainda non acabar de creelo, toca tomar a decisión de deixar o fútbol.
Eran os meses de julio e agosto do ano pasado cando practicamente tiña tomada esta decisión por culpa das pequenas lesións que viña tendo os dous últimos anos. E chegou un día, unha nuite máis ben, na que o señor Manel decidiu xuntar a un grupo de amigos para devolver ó Soneira ao lugar que merecía. E empecei a ilusionarme, a xogar con amigos cos que facía muitos anos que non coincidía, e ao mismo tempo notaba que o corpo empezaba a respetarme. Todo volvía a ir sobre rodas, incluso cheguei a pensar que quedaba Basti para rato.
Un día de enero todo cambia. Teño unha lesión importante e máis si cabe a estos niveles. Aínda me queda muito camiño por recorrer na miña recuperación pero teño que tomar a decisión de que o meu dentro do verde ten que acabar. Toca priorizar vida personal, laboral e familiar.
Tou nervioso mentres escribo esto porque me da medo que, despois de 26 anos, vai chegar un verán que non o vou empezar xogando ao que máis me gusta. A miña vida sin fútbol non é unha vida completa, por eso tou seguro que dunha forma ou outra vou tar siempre ligado a él.
Non lle podo pedir nada ao fútbol, creo que me dou todo o que necesitaba vivir. Xoguei en preferente, en primeira e en terceira regional, disputei finales de copa de juvenil e de senior, puden competir e levar o nombre do Soneira por Galicia adiante…e todo eso ao lado dos meus amigos. Considérome un privilegiado.
Quero dar as gracias a todo aquel que me acompañou neste viaxe. Compañeiros, amigos, directivas, presidentes, socios, entrenadores… E nesta última parte sinto que teño que facer mención especial a dúas personas, Manolito e Pedro. O primeiro por creer en nós, na xente da casa, e conseguir que esta generación se volvera ganadora. E o segundo por aturarme e aturarnos durante 7 anos, e facernos disfrutar do fútbol durante 4 días á semana dándolle ao equipo unha identidad donde a pelota era o máis importante. Mil gracias aos dous.
Gracias ao Cabana e ao Bergantiños por formarme ese par de anos na base, pero ante todo GRACIAS ao Soneira. Desde pequeniño, un sentimiento único, no que vivín victorias e derrotas de todo tipo, pero sobre todo mellorei como persona e vivín todos os valores deste deporte.
E por último, GRACIAS a meus pais e a meu irmán. Desde os 5 anos siempre pegado a unha pelota por culpa do que xa empezaba a ser o conocido “De La Sierra”, pero siempre guiándome e enseñándome que a educación, o compromiso e o respeto estaba por riba de calquera cousa.
Esto sigue amigos, e que inocente é esa xente que pensa que esto “é solo fútbol”. Vémonos nos campos.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Mensaxe . Basti de la Sierra

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies