O VILLAREAL RIVAL DO DEPORTIVO XUVENIL NOS CUARTOS DE FINAL DA COPA DO REI XUVENIL.

Noite máxica ante o Atlético para os xoves deportivistas.

 

O Villareal será o rival do Deportivo Xuvenil nos Cuartos de Final da Copa do Rei xuvenil. O enfrontamento que será unha eliminatoria a partido único, terá lugar na localidade alacantina o mércores 15 de Febreiro, con horario ainda por concretar.

Mentres que o Xuvenil A é líder do grupo 1º da División de Honra con 43 puntos en 17 partidos disputados, o Villarreal CF marcha na 2ª posición do grupo 7º con 40 puntos nos mesmos encontros xogados. En Copa do Rei, os castellonencos apearon na primeira eliminatoria ao RCD Espanyol (3-0) e en oitavos de final ao CD Tenerife (1-2).

O Deportivo Xuvenil acadaba no día de onte a clasificación tras deixar fora ao Atlético de Madrid, (3-2), nun excelente encontro de ambos equipos, e no que os de Manuel Pablo remontaban un 0-2 en contra, en 33 minutos da segunda metade, pero o encontro puido ter moitos máis goles de ambas escadras.

As demais eliminatorias serán Málaga-Real Madrid, As Palmas-Almería e Sporting-Athletic Club. Os catro clasificados desta rolda loitarán o título nunha final a catro que se celebrará entre 8 e o 12 de marzal.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia