O Bergantiños FC xogou xogou en Riazor ante o Sevilla.
Como xa lle pasou no pasado máis preto o Bergantiños FC non poderá xogar no Municipal das Eiroas a eliminatoria da Coppa do Rei ante o CD Tudelano, da outra vez os carballeses xogaron ante o Sevilla CF no Estadio de Riazor. Desta volta adiantouse o Victoria CF que pronto xestionou a disputa do seu encontro co Concello da Coruña e co RC Deportivo e xogará en Riazor. De todos modos n0n se desbota que o equipo de Carballo tamén xogue en Riazor, todo depende das xestións.
Así informaba o Bergantiños FC que non pode xogar nas Eiroas :
A Real Federación Española comunica oficialmente ao Bergantiños FC a imposibilidade de xogar o primeiro partido de eliminatoria da Copa do Rey no Estadio Municipal de As Eiroas, ao considerar as instalacións municipais non aptas para a disputa dos encontros da competición.
Despois de realizar as inspeccións nas instalacións municipais de As Eiroas, os técnicos e informes da federación española cualifican de “Non Aptas para a disputa dos partidos do Campionato de España/Copa de S. M o Rey”. Con todo o Bergantiños está a traballar para intermediar coa Federación Española de Fútbol e esgotar todas as vías e medios ao noso alcance ata o último momento para que o partido poida disputarse en As Eiroas.
Unha vez máis, do mesmo xeito que sucedeu na última participación do Bergantiños na devandita competición (disputou o partido #ante o Sevilla FC no Estadio Riazor, o club tería que buscar e confirmar o lugar e as instalacións nas que disputar o encontro #ante o CD Tudelano, rival que se coñeceu esta mesma tarde para a primeira eliminatoria que se celebrará o 30 de novembro, 1 ou 2 de decembro.
Desde o club manifestamos o noso pesar e frustración por non ter a oportunidade de que os nosos socios así como as e os afeccionados poidan gozar do encontro de Copa de Rey en As Eiroas, na nosa localidade, ao non considerarse aptas as instalacións dependentes do Concello de Carballo.
O Bergantiños FC lamenta esta situación e todas as consecuencias que derivan da mesma para o club, os afeccionados e para o propio equipo tanto económicas, como sociais e así mesmo deportivas. Ao non cumprir as instalacións municipais de As Eiroas cos requisitos marcados pola Real Federación Española de Fútbol, o club vese obrigado a buscar un estadio para a disputa do partido de Copa de Rey e obrigar á súa afección para desprazarse fóra de Carballo para gozar dunhas das festas do fútbol máis esperada por todos…Saúdos.
-Texto : piratasdemuxia/Comunicación Bergantiños FC
-Foto : Captura de YouTube