O VIAXES AMARELLE FSF XÓGASE A PERMAMENZA NA 1ª DIVISIÓN RFEF DE FUTSAL FEMININO ESTE SÁBADO EN ELXE.

 

O Viaxes Amarelle FSF viaxa a cidade alacantina de Elxe cun único obxectivo de firmar a permanenza na  1ª División Nacional de FSF, a chamada esta tempada a 1ª RFEF de Fútbol Sala Femenino. O equipo herculino que comezou o pasado luns a preparar o encontro para o que emprenderá nas próximas horas a viaxe a terras ilicitanas.

O Pavillón “Esperanza Lag” de Elxe foi o elixido pola RFEF para disputar a Fase de Promoción de 1ª División Feminina de Fútbol Sala. Xogaranse dous partidos o sábado 19 de xuño , nun escenario no que a pasada semana o Marín Futsal, acadou o ascenso a 1ª División Feminina de Futsal.

O rival do Viaxes Amarelle nesta será o Joventut D´Elx, anfitrión na cita. O conxunto herculino loitará pola permanencia e a formación local polo ascenso.

Televisado vía Streaming

O encontro disputarase a partir das 18.30 horas e será retransmitido en directo polas canles oficiais da RFEF en Streaming, polo que estará ao alcance de quen queira velo e insuflar ánimos e forzas ao equipo coruñés para acadar a permanenza. Unha cousa que esperamos e desexamos dende piratasdemuxia.es.

Malestar do Amarelle pola “formas” da RFEF

O Viaxes Amarelle o pasado venres 11 de Xuño facíanos chegar un comunicado de malestar e protesta aos organizadores da competición de Primeira RFEF Futsal Feminino, o Comité Nacional de Fútbol sala da Real Federación Española de Fútbol. Xa que consideran unha falta de respecto ao noso deporte, que por parte dos seus dirixentes non se tivese en conta e provoca situacións límite para entidades que loitan por competir baixo as súas normativas.

O clube herculino tivo coñecemento a través das redes sociais a pasada fin de semana dos cambios na fase de permanenza, e no mesmo domingo 6 de xuño presentou unha reclamación ao Comité de Competición; e o mércores 9 de xuño volveu presentar unha solicitude de medidas urxentes, para evitar que se vulnerase e adulterase unha competición nacional, a cal ten a consideración de PROFESIONALIZADA.

Decían dende o clube que : “Sendo venres 11 de xuño, e non tendo aínda ningún tipo de resposta ás nosas demandas, nin información sobre a Fase de Promoción; o noso club decidiu emitir este comunicado para que de forma notoria e pública coñézase o atropelo que está a sufrir o noso club; e será intención da nosa entidade defender as bases dunha competición na que se investiu moito traballo, esforzo, e como non, diñeiro para poder competir; e que isto poida servir para que por parte da Real Federación Española de Fútbol se empezo a respectar o noso deporte, o fútbol sala feminino”.

Comunicado completo AQUÍ

 

-Foto : Viaxes Amarelle FSF

-Texto : piratasdemuxia