O VIAXES AMARELLE FSF UN ANO MÁIS NA 1ª DIVISIÓN FUTSAL FEMININA NON TERÁ QUE XOGARSE A PERMANENZA NA DERRADEIRA XORNADA.

 

Este pasado sábado o Viaxes Amarelle FSF tiña unha saida altamente complicada, pois visitaba a cancha do Futsi Atletico Navalcarnero, que precisaba a vitoria para seguir liderando a liga a falla dunha xornada para o final. Non fixeron mal encontro as de Jorge Basanta, pero acabaron caendo por 3-1, e dando guerra de inicio a fin. Esta derrota se o Zaragoza gañaba facía que se tiveran que xogar todo a unha carta na derradeira xornada de liga a vindeira semana na Coruña, pero a derrota onte das zaragozanas fixo que o Viaxes Amarelle conseguira a permanenza sen ter que sufrir nun derradeiro encontro que ía a ser a cara de can e que agora será unha festa para as “viaxeiras”.

 

-Foto : Viaxes Amarelle FSF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”