O VIAXES AMARELLE FSF QUÉDASE FORA DA FINAL DA “XVI COPA GALICIA FSF”, TRAS UN GRAN ENCONTRO ANTE O MARÍN FUTSAL.

Plantel do Viaxes Amarelle onte na Copa Galicia.

 

Viaxes Amarelle FSF 1-3 Marín Futsal

Non tivo sorte de cara a gol o Viaxes Amarelle FSF que buscaba meterse na sua primeira final da “XVI Copa Galicia de Fútbol Sala feminino”, tras cuaxar un bo encontro no que se adiantaba por medio de Elia, aos 4 minutos de xogo, e desperdiciaba moitas ocasións para chegar o desanso cunha renda superior, pero en troques eran as marinesas as que acadaban a igualada no 16.

Ale de Paz no 26 poñía por diante as de Marín, e tocaba ir a por todas, pero sigueu faltando eficacia de cara a gol, e non foi por non tentalo, e a 10 segundos do final chegaba a sentenza o anotaren as sureñas tras unha falta que levou consigo a expulsión de Cris Lourés.

A mala definición, axudada polo gra papel da meta visitante, Silvia, que foi a mellor do seu equipo, levaron a frustrar un ano máis o pase a final as “viaxeiras”.

Incidencias : Encontro de semifinal da “XVI Copa Galicia de Fútbol Sala Feminino”, a encontro único, xogado no Pavillón Municipal da Sagrada Familia, da Coruña.

 

-Foto : Viaxes Amarelle FSF

-Texto : piratasdemuxia