O VIAXES AMARELLE FSF INVITA A TODA A AFECCIÓN O FUTSAL FEMININO O DERBI DO VINDEIRO SÁBADO ANTE O MARÍN FUTSAL QUE SERÁ TELEVISADO POR PRIMEIRA VEZ POR TELEDEPORTE UN FITO PARA O CLUBE HERCULINO.

O gran derbi galego será unha festa do futsal feminino.

 

Infórmanos o Viaxes Amarelle FSF que o vindeiro sábado día 9 de Nadal a Canle de TV Teledeporte retransmitirá un dos derbis galegos por excelencia, o Viaxes Amarelle FSF -Marín Futsal. Desde o club herculino están a traballar en diversas accións para que o vindeiro sábado ás 12:oo horas o Pavillón dos Rosales, “se vista de gala e que ademais de axudar ao equipo, este partido histórico sexa a festa do fútbol sala feminino coruñés e que as bancadas se vexan repletas de nenas/os de todas lasa idades”. A entrada será de balde.

O club herculino solicita o apoio de “todos os clubs da Delegación da Coruña para a súa asistencia ao partido e para que entre todos podamos vivir un apaixonante derbi galego. Esta vez a emoción transcende as paredes do pavillón, xa que este encontro será retransmitido por primeira vez na historia do club a través de Teledeporte. Únete a nós e se parte deste fito na historia do Viaxes Amarelle FSF. Será un espectáculo inesquecible !!!”, comentan dende o clube coruñés.

 

-Foto : Prensa Viaxes Amarelle

-Texto : Prensa Viaxes Amarelle FSF/Xosé Búa “Pirata”