O VENRES 21 XORNADA DE PORTAS ABERTAS DO SONEIRA SD DE CARA A FACER EQUIPO FEMININO, COMO FIXO A SEMANA PASADA A ESTEIRANA..

O Xosé Luis Vara puxo o sábado a segunda pedra do proxecto do equipo feminino.

 

O pasado 15 de Xuño o SCDR Esteirana tiña unha xornada de portas abertas para seguir co proxecto da volta do equipo feminino. Un proxecto do que o adestrador será Fran Figueroa, tal e como xa vos avanzamos días atrás. A xornada foi todo un éxito e tal como apunta o muradán, Fran Figueroa : “Falamos do plan, viron a idea, o EQUIPO de personas que queremos currar para que o talento que vimos, (máis aljunha que faltaba), brille e disfrute co balón nun lujar único para crear esta identidade roxa e azul. Preparando xa a próxima!!…A semente xa está botada”.

 

 

Este vindeiro venres 21 de Xuño será o Soneira SD o que de o segundo paso para formar un equipo feminino cunha xornada de portas abertas. Tal e como nos informa Josiño Abelenda, será a partires das 19:00 horas no Municipal de Vimianzo e está enfocado a rapazas de tódalas idades, e animan as rapazas do concello vimiancés e a contorna a “participar nesta xornada, divertirse e disfrutar do teu deporte favorito”, formando parte deste ilusionante proxecto e formar una “Coraxeirmandiña”. 

Segundo nos apuntan dende O Soneira SD : “Só precisan traer roupa deportiva, útiles de aseo e botas de fútbol, ou zapatillas de deporte” e que ademáis “e totalmente de balde, e  poden probar de cara a próxima temporada…Ven, coñécenos e aprende xogando”.

O crecemento do fútbol feminino costeiro está a ser dunha magnitute extraordianaria nos derradeiros anos coa incorporación de novos equipos tempada tras tempada, algo que ven a ser toda unha ledicia, deixando atrás os anos nos que as rapazas o acabar de cadetes tiñan que tirar hacía o futsal ou outros deportes para seguir competindo e disfrutando do que lles gustaba, sempre lonxe do fútbol que tanto amaban e disfrutaban de nenas.

 

 

-Fotos : Fran Figueroa/Josiño Abelenda

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies
PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com