O VENRES 10 DE MARZAL XORNADA EN DUMBRÍA PARA DESENVOLVER IDEAS ARREDOR DO PROXECTO DA CANLE DE AUGAS BRAVAS DE DUMBRÍA.

Potenciando o emprendemento aproveitando os recursos locais. Canle de Augas Bravas de Dumbría.

10 de marzo, 2023

Evento para desenvolver ideas de negocio e emprendemento arredor do proxecto da Canle de Augas Bravas de Dumbría.

Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais

Modalidades: Presencial

Dumbría ofrece un emprazamento ideal para a construción dunha canle de augas bravas debido ás características do río Xallas ao seu paso por este concello. A posta en marcha deste proxecto xeraría, ao igual que pasou noutros casos, diferentes oportunidades de emprendemento e ideas de negocio ao redor do mesmo. Para contribuír a este desenvolvemento analizarase a situación actual e elaboraranse posibles propostas de futuro.

O obxectivo xeral a acadar neste evento é o de fomentar o emprendemento a partir da potencialidade do proxecto da Canle de Augas Bravas de Dumbría. Para iso, explicarase ás persoas asistentes os antecedentes e estado actual do proxecto, o caso de éxito dun proxecto similar: A Canle de Augas Bravas do Parc Olímpic del Segre, en La Seu D’Urgell e acabarase desenvolvendo propostas de emprendemento e ideas de negocio arredor do mesmo.

 

 

PROGRAMA

09:15. – Recepción dos/as asistentes

09:30. –  Benvida institucional 

09:40. –  Antecedentes e estado actual do proxecto.

Xosé Henrique Rodríguez Portela. Entrenador do CDM de Piragüismo de Dumbría e entrenador nacional de Piragüismo en augas tranquilas e slalom. 

10:00. – Caso de éxito.

Xosé Manuel Cousillas. Membro activo do Cadí Canoë Kayak Club e do Comité Executivo da ICF Canoe Slalom World Cup 2021. Exposición sobre a Canle de Augas Bravas de La Seu d’Urgell, como un caso de éxito que exemplifica as oportunidades de Emprendemento nun contexto similar.

10:45. – Visita á localización do proxecto.

11:30. – Coffebreak.

11:45. – Workshop – Espazo de diálogo e debate en grupos.

  • Reflexión e recollida das aportacións en base ao proxecto formulado.
  • Debate e priorización das mesmas. 
  • Concreción e elaboración de propostas de emprendemento.
  • Exposición das propostas. 

13:30. – Conclusións.

13:45. – Peche do evento.

-Foto e Texto : http://polosemprendemento.gal/