O UNIONISTAS DE SALAMANCA ENVÍALLE O RC DEPORTIVO, 200 ENTRADAS MÁIS PARA O ENCONTRO DO VINDEIRO DOMINGO.

Héctor fixo o gol da vitoria o ano pasado no minuto 1.

 

As primeiras 369 entradas que lle cedeu o Unionistas de Salamanca ao RC Deportivo vendéronse no tempo que lles deu aos empregados da OAD en despachalas. Tras esta avalancha de peticións o equipo deportivista colleu o nome dos que quedaron na cola sen elas, e fixeron saber ao equipo salmantino que se lle sobraba algunha entrada que había petición delas.

O Unionistas fixo saber aos, seus socios que se algún non ía a acudir que llo confirmasen, para liberar asentos. Tras esta consulta o clube salamntino mandoulle ao deportivista 200 entradas máis, que agora o clube repartirá antre os que se quedaron sen ela, e os que queiran acercarse as taquillas de Riazor a compralas. O prezo das mesmas é de 20, euros para os maiores de 20 anos.

Segundo a normativa actual o Reina Sofía pode acoller 2.900 espectadores, dos que se se venden tódalas entradas da Coruña, 569 serán deportivistas, máis os das epñas da zona salmantina que as collan no propio estadio.

RC Deportivo : O Unionistas de Salamanca CF notificou este mediodía ao RC Deportivo a dispoñibilidade de máis entradas para o partido desta fin de semana polo que, en atención ao interese que os Deportivistas mostraron por poder asistir a este encontro, póñense á venda para que aquelas socias e socios que non puideron comprar a súa localidade poidan ter posibilidade de acudir.

O venres 24 ás 10:00 h. abriranse os despachos de billetes da Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR para a venda esta segunda remesa de 200 entradas postas a disposición polo Unionistas de Salamanca CF para o partido da quinta xornada de Primeira RFEF Footters que se disputa no Reina Sofía o domingo 26 de setembro ás 12:00 h. (Footters).

Previamente, o RC Deportivo notificará persoalmente ás socias e socios que o pasado luns quedaron na cola ás portas de conseguir a súa localidade para o partido se manteñen o seu interese en adquirilas e como disporán delas ao longo do día de mañá. O resto de localidades dispoñibles venderanse directamente no despacho de billetes até o peche da Oficina ou completar o aforo dispoñible.

As entradas venderanse na avenida de La Habana s/n de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

O prezo das entradas é de 20 euros para maiores de 18 anos. Juniors (entre 7 e 17 anos, ambos inclusive): 10 euros, Infantil (menores de 7 anos): 5 euros. Cada socio poderá adquirir co seu carné un máximo de 2 localidades por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI (ou unha fotocopia/imaxe dixital) tanto do socio que realiza a compra como do outro destinatario dos tickets.

 

-Foto : RC Deportivo

Texto : piratasdemuxia/rcdeportivo.es