O UD MONTE LOURO-SCDR ESTEIRANA DE CUARTOS DA “LVII COPA DA COSTA” XOGARASE O VINDEIRO VENRES.

O Agra de Filgueira voltará a recibir o derbi o venres.

 

Gran susto o que deron o xogador da UD Monte Louro, Pablo Vidal e o da SCDR Esteirana, Codesido, no primeiro minuto de xogo, do que se auguraba coma un trepidante derbi na procura dun sitio nas semifinais da “LVII Copa da Costa”.

Aos poucos de comezar o encontro, un choque fortuito antre os dous na disputa dun balón, quedaban tendidos no terreo de xogo e totalmente ensanguentados, con sendas brechas na testa.

A reacción de compañeiros, e membros dos clubes, facía presaxiar antre os afeccionados, familiares, e tódolos que estaban no terreo de xogo, cousas maiores, que gracias a Deus, non pasaron de un susto, e varios puntos de sutura para ambos xogadores, (cousa da que nos aleggramos). Foron desprazados a un centro hospitalario, un deles nunha ambulancia, e o outro nun coche particular, e ata se movilizou un helicóptero de emerxencia, que o final non fixo falla.

Xa están recuperados e na casa, e desexámoslles o milloriño na sua total recuperación e que volten pronto a poder disfrutar do fútbol cos compañeiros.

Por este motivo o colexiado do encontro, Amine Alaoui Soulimani, tras consultar cos clubes, decidía suspender o encontro, que se xogará no Agra de Filgueira, (Louro), o vindeiro venres 24 de Xuño, a partires das 17:30 horas.

Deste enfrontamento sairá o rival do SD Castriz, nunhas semifinais que serán a partido único, por un posto na finalísima do día 3 de Xullo.

A outra semifinal xogarase o vindeiro Domingo 26 de Xuño no Municipal da Arliña a partires das 18:30 horas, e nela veranse as caras dous históricos da Liga da Costa, o Muxía CF e o SD Fisterra. Dous conxuntos cunhas rachas impresionantes no que vai de tempada.

-Foto e Texto : piratasdemuxia