O UD LAS PALMAS SERÁ O PRIMEIRO RIVAL DO RC DEPORTIVO XUVENIL “A” NA COPA DE CAMPIÓNS.

 

A UD Las Palmas, campión do grupo 6, será o rival do Xuvenil A nos cuartos de final da Copa de Campións, segundo o sorteo realizado esta mañá na sede da RFEF na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

Nesta competición participan os sete campións dos sete grupos da División de Honra e o mellor segundo de todos os grupos.

Esta rolda de cuartos de final será a dobre partido e a orde de campos quedou determinada pola orde da extracción das bólas nun sorteo puro: a ida en Abegondo o domingo 13 (ás 12:00, pendente de confirmación) e a volta unha semana máis tarde nas Palmas de Gran Canaria.

Neste sorteo tamén se determinou o cadro clasificatorio das semifinais e final, que será en sede única, formato ‘Final Four’, do 24 ao 27 de xuño. En caso de superar á UD Las Palmas, o rival do Xuvenil A en semifinais, a partido único, será o vencedor dos cuartos de final entre o Real Madrid e o Atlético de Madrid

Pola outra parte do cadro veranse as caras o Málaga CF contra o Athletic Club; e o Levante UD fronte ao campión do Grupo 3, que se coñecerá este xoves 10 e que pode ser FC Barcelona, RCD Espanyol ou Real Zaragoza.

O Xuvenil A accede á Copa de Campións como campión do Grupo 1 con 53 puntos; por diante do RC Celta (51 puntos) e Sporting de Gijón (50 puntos).

Agora chega o reto da Copa de Campións para o equipo que dirixe Óscar Gilsanz, a guinda a unha gran temporada para o buque insignia de #ANOSACANTEIRA.

-Foto e Texto : rcdeportivo.es


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies