O UD EXTREMADURA DE VIR A RIAZOR “EXTRAMOTIVADO”, A NON SE PRESENTAR.

 

No día de onte os xogadores do UD Extremadura tiñan unha xuntanza e decidían non presentarse a xogar en Riazor mañán Domingo. Un encontro que estaba anunciado para ás 12:00 do medio día, (11:00 GMT).

Por outra banda dende o clube di que sí se presentarán, o que lendo antre liñas quer dicir que viran co equipo filial. Neste caso será o colexiado decretado para este choque, o canario, Alejandro Lucena Perdomo, o que decida, pois o estamento de competición di que no equipo rtwn que haber a lo menos 7 xogadores da primeira plantilla. Esta manobra do clube sería para que non se lle dese como non presentado e pedir que o encontro fose aprazado por forza maior, (a folga), non suspendido.

Se se da por suspendido o encontro, ca lei deportiva na man, o choque darçaselle por gañado o Depor por 3-0 e o Extremadura ademáis da derrota sufrirá unha sanción económica. Se para a seguinte xornada volven a non presentarse será expulsado da competición e pasará a cubrir unha das prazas de descenso. O estar a primeira volta sen acabar manteríanse os resultados dos choques xa xogados e o resto de equipos daríaselles por gañado o encontro pola media dos resultados dos extremeños.

O UD Extremadura pasou en pouco tempo de vir descendido a Riazor e xogar un erncontro “extramotivado”, remontarlle un 1-0 ao Depor e celebrar a vitoria como se acadasen a salvación, a non presentarse para xogar. 

Unha mágosa polos xogadores que non cobran dende fai 7 meses, e unha mágoa pola afección que ten que vivir este delicado intre do clube.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia