3ªDACOSTAO Corcubión campión de liga.
O UD Corcubión proclamouse campión da 1ª primeira fase da 3ª da Costa tras vencer nun trepidante encontro ao SD Camelle, (4-5). Un torneo que estivo disputado ata o final, xa que os corcubioneses tiñan que gañar, ou facer o mesmo co CF Porteño, que quedou segundo por golaveraxe, e non lle valeu de nada a sua vitoria sobre o Atlético Pereiriña, (3-0). Agora tras esta 1ª fase, comezará unha segunda na que os equipos ocuparán a mesma posición ca que acabaron a liga con 6 puntos o primeiro e o segundo, 4, o terceiro e cuarto, 2 para o quinto e sexto, 2 para o sétimo e oitavo, e 1 para o noveno e o décimo. Unha ridícula liga, para ter aos equipos xogando ata que chegue a Copa.
A nosa máis corcdial noraboa a tódolos que forman o UD Corcubión, polo título de campión.
CLASIFICACIÓN PARA A LIGUIÑA DE ASCENSO
Resultados 18ª Xornada
Domingo 13 de Marzal
SD Oza 1-0 SD Ameixenda
Hora : 16:30
Campo : “O Carral”, (Sofán-Carballo)
Colexiado : Jonathan Pardiñas Blanco.
SD Camelle 4-5 UD Corcubión
Hora : 16:30
Campo : “O Rodeiro”, (Camelle)
Colexiado : Manuel Espasandín Romar.
CF Castrelo 1-4 Sporting Seaia CF
Hora : 16:30
Campo : “Municipal de Vimianzo”
Colexiado : Rai Reborido Rodríguez.
CF Porteño 3-0 Atlético Pereiriña FC
Hora : 16:30
Campo : “A Grixa”, (Ponte do Porto)
Colexiado : Carlos Señarís Balsas.
Xallas FC “B” 3-1 SD Laxe
Hora : 16:30
Campo : “A Fontenla”, (Santa Comba)
Colexiado : Iván Vilanova Antelo.
CLASIFICACIÓN FINAL
-Foto : FaceBook UD Corcubión
-Texto : piratasdemuxia