O UD CORCUBIÓN PRESENTA UNHA CAMISETA DO SEU 50º ANIVERSARIO AO NIVEL DOS EQUIPOS DA ÉLITE.

Saulo Lado presentando a nova camiseta corcubionista.

 

Tal e como vos apuntábamos onte o UD Corcubión tiña na Capela do Pilar a presentación da camiseta conmemorativa do 50º aniversario, que se celebra durante toda esta tempada 2022/23, xa que cúmplense as “Bodas de ouro” da primeira tempada na que o clube, dado de alta un 2 de Novembro do 1972 comezaa a sua andaina.

 

 

No acto ao que acudiu un bon número de afeccionados corcubioneses e da zona, e co presidente actual, Carlos Lema, presentábase unha camiseta a altura da élite. Se nos derradeiros anos estamos acostumados a presentación das vestimentas do equipo de fútbol máis alureado da nosa terra, o RC Deportivo, todas elas cunha historia detrás, este deseño e a sua simboloxía non lle desmeerce nada de nada.

O deseño de Saulo Lado, sobriño do presidente corcubionés, e primo do capitán do equipo branquiazul, Iago Lema, foi o responsable deste fermoso deseño, no que tal e como explicou o nome da camiseta é “Carrumeiro”, en relación o faro que guía a entrada da ría, e seña de identidade da Vila de Corcubión. O nome vai na parte superior das costas e no fronte como marca de auga.

 

 

As franxas axuis fan rememorar aos azulexos do mirador do paseo da vila de Corcubión, e o número, tamén de desño propio ten unha franxa diagonal análoga a da bandeira galega en espello. As letras co nome dos xogadores e das costas son de tipografía gaélica. A camiseta de porteiro é de cor negra, cos rivetes de mangas e pecoceiro en branco, leva como a sua irmá o logotipo do 50º aniversario, o escudo do clube na banda esquerda próxima o corazón e no lado dereito o do Concello de Corcubión.

-Fotos : UD Corcubión

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies