O UD CORCUBIÓN PRESENTA NUN ACTO NO DÍA DE HOXE A SUA CAMISETA DO 50º ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN DO CLUBE.

A inmaculada branquiazul nunca deixou de competir nos 50 anos.

 

O pasado 2 de Nadal do 2022 cumplíanse 50 anos da data de inscrición do Unión Deportiva Corcubión, sendo daquela o seu primeiro presidente Juan Fuentes canosa, e tendo como local social o teleclub de Corcubión. Comezou a competir na Liga da Costa na tempada  1972/73, unha liga composta naquel ano por 10 equipo, que sería gañada polo CF Noia e que os corcubioneses colgarían o “Farol vermello” da competición, pero son dos poucos equipos que nunca pararon de competir ata o día de hoxe.

Por diante virían anos de éxitos con 2 Copas da costa, ambas gañadas o Laxe, (1988 e 1989), pero xa antes probara a sorte en outras duas finais que perdería ante Fisterra e Cee, (1979 e 1980). Chegou a xogar na Preferente, sendo o referente dos equipos da costa, e acadou a pasada tempada o título de campión da 3ª da Costa. A sua andaina comezouna no desaparecido campo das Hortensias, despois xogou algunha tempada fora, para logo pasar a xogar no actual Novo Cubaleiro.

Dentro destas celebracións destacar tamén esta tempada a creación do equipo feminino, o cal podes seguir cada semana cas crónicas dos seus encontros e o seguimento da sua andaina na Liga Fútbol 7 A Coruña Grupo A, na que están competindo a un gran nivel e loitando por todo. O equipo senior que dirixe Nito Quintela está na loita pola permanenza na Liga da Costa.

No día de hoxe, 14 de Marzal, o actual presidente Carlos Lema Fuentes, e dentro dos actos que se veñen celebrando durante a tempada, presentará na Capela do Pilar a partires das 19:30 horas a camiseta do 50º aniversario do clube branquiazul, cun diseño que homenaxea as Bodas de Ouro do clube.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”